Sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva – Medrando Xuntos |
Este mércores 26 de Xuño foi a data da reunión de remate de Curso das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva que Medrando Xuntos organiza no CEIP Maia.
Este ano tivemos dous grupos de nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e ós 6/7 anos , foron un total de 28 usuarios.
A convocatoria ás familias tivo como obxectivo compartir e intercambiar impresións, sobre os aportes da actividade. Elaboramos un documento baseado en imaxes das sesións, unha mínima mostra do que sucede dentro.
As sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva contan cun dispositivo espacial e temporal que invita ós nenos/as a vivir un sinfín de experiencias que lle facilitarán o seu avance:
- A consciencia corporal e integración do esquema corporal.
- A evolución do seu pensamento e da capacidade simbólica.
- A maduración emocional: impulsando a capacidade de descentración tónico emocional.
- A adquisición de habilidades relacionales…
Como todos os anos rematamos contentos e satisfeitos, a medida que ían avanzando as sesións os grupos foron cohexionándose, xerando vínculos e investindo o espazo e así convertendo a sala e a sesión no «pequeno laboratorio» no que descubrir, descubrirse, cambiar, inventar, reinventar… apuntalarse e asegurar sólidamente os cimentos da súa construcción.
En Setembro abrirase o prazo para novas inscripcións.
Para visualizar a reportaxe de fotografías pinchar no enlace: https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kkzMyQuuLUKWoAVm