O bebé ao nacer ten unha entidade corporal que lle permite realizar un torrente de movementos tónicos involuntarios. Pouco a pouco, no seu proceso madurativo, será capaz de exercer algún control sobre eles, sedo esta a primeira conquista que marcará o inicio do seu psiquismo.
Este proceso madurativo ten lugar en diferentes fases nas que en cada unha delas o bebé vai adquirindo novas posturas ata chegar a alcanzar a verticalidade, a unidade corporal, a aquisición dun esquema corporal e a adquisición da lateralidade. Estas fases aparecen por orden secuencial, unha fase da paso á seguinte cando o bebé ten totalmente controlada a postura da fase anterior e os movementos necesarios para chegar a ela.
Actualmente existen gran variedade de obxectos destinados aos coidados dos nosos bebés como son tronas, hamacas, mecedoras, entre moitos outros, os cales obrigan aos bebés a permanecer durante longos períodos de tempo na mesma postura e en posturas para as cales os seus músculos aínda non están preparados para adoptalas e incluso non lles permiten moverse en liberdade, cambiar de postura ou experimentar outras novas.
O seguinte artigo fálanos da importancia de respetar a orde de aparición de cada unha destas fases e a necesidade de favorecer o movemento libre dos nosos bebés, ofrecéndolle os apoios necesarios (unha vestimenta que permita a flexibilidade de movementos, un entorno seguro, un vínculo de apego seguro, entre outros) que o fagan posible.
Pinchar no seguinte enlace para ler o artigo:
Para mais información: