OFERTA DE GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA PARA O CURSO ESCOLAR 2017/18

Un ano máis, co arranque do novo curso, dende Medrando Xuntosofertamos a proposta de traballo a nivel EDUCATIVO PREVENTIVO para nenos/as de idades comprendidas entre os 2 anos (último ano de escola infantila) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria). Os grupos realizaranse os Mércores nas instalacións da aula de psicomotricidade da escola infantil de Maía.

Os horarios previstos serán:
  •     GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 5 a 6/7 anos.
  •     GRUPO II: de 17.15h a 18.05 para os máis pequenos – 2 anos.
  •     GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 3/4 anos.

O mércores día 27 manteremos unha reunión coas familias para explicar o traballo que imos facer así como formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. Para dita reunión enviaremos convocatoria na semán anterior.
Os grupos cos nenos empezarán o mercores 4 de Outubro
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com
Na EEI Milladoiro será a ANPA do centro a que oferte o servizo de Medrando Xuntos para a realización de grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Para máis información poñerse en contacto cos menbros da ANPA MILLAPEQUES millapeques@gmail.com
Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. Así mesmo:
  •     Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal (prerrequisito para as   aprendizaxes como pode ser a lectoescritura).
  •     Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
  •     Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
  •     Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
  •     Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

    Write a comment