FIN DE CURSO PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA 2017/18

Hoxe fixemos a reunión de fin de curso 2017/18 cos pais / nais para os grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos nas instalacións do Colexio Público da Maia. 
En primeiro lugar agradecer ó equipo de infantil da Maía, así como ó equipo directivo do colexio a boa acollida que tivemos, e que vimos tendo todo este tempo de traballo na sala de psicomotricidade de infantil. Grazas!!!.
Foron 8 meses de traballo, osea de XOGO. Na sala vivimos moitas experiencias, tivemos momentos de intensas emocións, e algo moi bonito, fixemos grupo. Formamos parte dun equipo de compañeiros que cada mércores nos xuntamos para disfrutar do feito de ser neno, xogar, crear, diseñar, probar, sentirse, observar….., baixo a mirada de adultos que lle devolvían a consciencia do seu corpo, a seguridade e emoción que despertaba a súa acción, que mantiñan a norma e límites necesarios para que cada quen poidese realizar o seu xogo, en fin … que facía viable o xogo libre e facilitaban a creatividade,a autonomía, respeto…
A través dunha reportaxe de fotos, sacadas ó longo da sesión, presentámosllas ás familias como unha pequena mostra do «moito que dan de sí» as clases de Psicomotricidade Educativa Preventiva. É bonito observar a expresividade dos nenos, a riqueza do xogo, as relacións que se xeran, a atención coa que se sumerxen no traballo … desexamos que o disfrutedes.

ENLACE Ó TRABALLO DE FIN DE CURSO:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1kBfTz70jV9I_LF6G

    Write a comment