«VI XORNADAS DE PRÁCTICAS PSICOMOTRIZ»

Itos Lorenzo e Mº Ángeles Cremades 
Intenso fin de semana o 18, 19 e 20 de Novembro. Cheo de emocións, reflexións, encontros con outros profesionais cos que, ainda que nos separen  longas distancias, e diferentes proxectos, sentimos que compartimos camiños nos que perseguimos metas similares e tamén que nos enfrentamos a parecidos retos.
Foi un pracer escoitar reflexións de grandes profesionais que cada día entran na sala de psicomotricidade conscientes da seriedade de todo o que se XOGA dentro das mesmas.
Das mans de Alvaro Beñarán e Iolanda Vives fixemos un percorrido da etapa madurativa de 0 a 3 anos (Alvaro) e de 3 a 6 (Iolanda). Analizamos a multiplicidade de factores que interfieren para que o neno avance ata a adquisición da súa identidade, con mención especial á importancia de ofertar relacións de calidade. Discursos impregnados da sabiduría que aporta a experiencia, onde non faltaron tamén as risas por anécdotas vividas na sala (que moitas veces resultan moi esclarecedoras).

Mirtha Chokler falou do xogo (que o define como unha función vital, tan vital como a respiración). Insistiu no seu discurso na importancia que ten adaptarnos ó momento madurativo do neno/a que temos diante, tendo moi claro cales son as competencias coas que conta: “anticipar aprendizaxes e anticipar fracasos”. Aportou unha visión crítica sobre moitos dos xoguetes que se lle ofertan ós bebés, ós nenos, do pouco pertinentes que resultan bloquenando e entorpecendo a capacidade exploratoria e de investigación que o neno/a leva a cabo dun xeito expontáneo.
Pola esquerda: Eva Torres, Mirtha Chokler,
Itos Lorenzo e Marta Prieto.
Juan Pundik adentrounos en temas tan polémicos como os intereses económicos que se esconden detrás do sobrediagnóstico, e falso diagnóstico, do TDH. Criticou o uso de certos fármacos que se empregan para nenos que non está suficientemente probados. 
E para rematar, Mary Angeles Cremades profundizou na aportación da terapia psicomotriz como medio de axuda a moitos nenos/as que, no seu proceso madurativo non acadaron a axustada consciencia de sí mesmos. A escasa idenditidade adquirida dificúltalle o avance na súa maduración. Analizamos a variada sintomatoloxía que pode xurdir: problemas pedagóxicos, agresividade, pasividade, excesiva pulsión…


Medrando Xuntos aportou un poster nestas xornadas. Dentro das sesións de psicomotricidade educativa preventiva o neno/a conta con numerosas ferramentas que lle axudarán nestes complexos procesos madurativos. 
    Write a comment