XORNADA DE FORMACIÓN PARA PROFESIONAIS DE ATENCIÓN TEMPERÁ.

Próximamente, en Xaneiro do 2022, realizarase unha formación presencial en Santiago de Compostela, dirixida a profesionais da Atención Temperá e organizado pola Consellería de Politica Social e AGAT.

A convocatoria da vindeira xornada é: “O NENO/A EN ATENCIÓN TEMPERÁ. ABORDAXE DENDE A GLOBALIDADE”, con 20 horas de duración.

Será un pracer para o Centro Medrando Xuntos participar na realización da mesma e compartir a mirada, experiencia e coñecementos que dende “as salas de Psicomotricidade” adquirimos ó longo destes anos.

Para máis información consultar a convocatoria na páxina da AGAT: https://atenciontemprana.com/abre-o-prazo-de-inscricion-para-o-curso-o-neno-en-atencion-tempera-abordaxe-dende-a-globalidade/

    Write a comment