VENRES: TOCA “PSICO” NO COLEXIO AGRO DO MUIÑO

Como remate da semana, tanto para os nenos/as como para nós, acudimos todos os venres á tarde ó Colexio de Agro do Muiño, onde nos esperan un grupiño de 13 nenos/as de 3 e 4 anos.

Neste centro, este ano empezamos un pelín mais tarde do habitual, no mes de Novembro, despois de que a AMPA, con tesón e ilusión conseguira animar ás familias para que anotaran ós seus fillos/as á actividade de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Foron 4 meses e medio de sesións, unhas 18, e resulta moi gratificante comprobar o calado que fixeron nos nenos/as, que tamén é constatado polas familias (a emoción que esperta a sala, como foron incorporando os rituais e rutinas das sesións, como aprenderon a coidarse e velar polo compañeiro/a que teñen o lado, norma clave na sala, …).

Unha hora de xogo, na que cada quen ten a liberdade de facer, e na que nós, as psicomotricistas, invitámolos a expresarse, acompañándoos nas emocións que viven coa devolución da nosa propia emoción, reforzando os seus logros a través da mirada, do xesto, da proximidade… a cada quen según as súas necesidades. Un recoñecemento ó seu corpo: á forza, á tensión, á colocación, … á expresividade. Con iso conseguimos que os nenos/as vaian apropiándose das súas competencias, incorporando datos valiosos para a construcción da indentidade corporal, emocional, aspectos clave na autoestima.

Invitámosvos, como sempre, a mirar este traballo que fixemos, do que aínda tiñamos pouquiñas fotos pois o covit19 colleunos a todos de sorpresa, (pero toca apañarse co que temos), así que penso que puidemos facer unha bonita secuencia do que é unha sesión de psicomotricidade, con todos os momentos: rituais de entrada e saída, xogo, conto e representación. Desexamos que vos guste.

Para ver o video pinchar: https://drive.google.com/file/d/12cvub2tghY–pYnkgtRYOF3GR_zKmMlf/view?usp=drive_web

    Write a comment