TOCA PSICO!!!

Hoxe mércores, toca PSICO!!!, temos unha cita semanal con nenos/as de 2 a 6 anos nas instalacións do CEIP Maia. Queremos agradecer ó Equipo do colexio a boa acollida que nos brindan, sempre con estupenda dispoñibilidade. Xa son moitos anos que estamos nesta sala – uns dezaseis- co transcurso do tempo este espazo está impregnado para nós de gran emotividade e de moitas aprendizaxes.

Preparamos este video con mimo, sobre todo para que as familias dos nenos/as que atendemos podan botar un vistazo ó que pasa dentro da sesión. Como sempre recomendámosvos que para velo centredes a atención na expresividade motriz, no que transmiten as expresións corporais e faciais, os xestos e contactos que se establecen, a liberdade de expresión que se da sempre nun marco de contención, de respeto ás regras impostas na sesión (a atención ó coidado de cada quen é esencial, así como o respeto polos demais e as súas acción), as emocións que se calan por todos os lados: pracer, sorpresa, tenrura, calma, orgullo, confianza, forza, camaradería,…

A nos mesm@s, psicomotricistas, sorpréndennos e gratifícanos constatar a evolución que se da en cada sesión, e como no transcurso dela os nenos/as acceden a pasar da intensidade do movemento corporal e emocional – que se da no tempo de xogo – á tranquilidade e escoita (vivir o pracer de pensar) para logo poder representar… É esa constatación a que nos ratifica na gran importancia que ten para os nenos/as o xogo libre (tanto a nivel motor como simbólico). Tamén cuestiona a realidade actual de tantos nenos/as que non son capaces de estar quietos…

Desexamos que o desfrutedes, e sobre todo nestes días que temos tanto tempo de estar en casa, que xoguedes moito…

Enlace ó video: https://drive.google.com/file/d/1bGOYk3dJ_JEQSOtV8xbkXwx2IfbFk9DT/view?usp=drive_web

    Write a comment