A través da psicomotricidade acompañamos e favorecemos a maduración dos nenos e nenas, ofertando un dispositivo espacial e temporal, así como o apoio dun profesional – a/o psicomotricista, entrenada/o en interpretar o seu xogo, o movemento e acción.
Psicomotricidade Vivenciada Relacional
En Medrando Xuntos contemplamos ao neno dende a globalidade, a unión permanente entre os desenrolos motores, emocionais e cognitivos, que o acompaña no seu crecemento madurativo, a través de tres abordaxes:
Psicomotricidade Educativa Preventiva
- Nenos e nenas cun desenrolo típico
- De 2 a 7 anos
- Min.8 Max.14 nenos/as
- 1 hora/sesión
O obxectivo xeral é favorecer o desenvolvemento físico e psicolóxico do neno/a, dende unha dinámica de xogo libre, sendo o pracer e benestar unha das claves no noso traballo.
A través das experiencias vividas os nenos e nenas adquiren competencias claves para o avance no ámbito académico e no disfrute e integración no grupo de iguais.
Traballamos sempre apoiándonos nas potencialidades coas que cada quen conta, respetando os procesos madurativos.
Favorecemos a expresividade de cada neno ou nena, buscando formas cada vez máis elaboradas de comunicación: dende a comunicación corporal á linguaxe.
Potenciamos a seguridade dos nenos e nenas, a súa iniciativa e o densenrolo do seu pensamento.
Grupo de axuda psicomotriz
- Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
- Dende os 2 anos
- Max. 4 nenos/grupo
- 1 hora/sesión
Orientado a nenos e nenas con diferentes dificultades no desenvolvemento madurativo:Previo á incorporación farase una valoración inicial de 4 sesións (2 coa familia e 2 co neno/a)
- Retrasos no desenvolvemento
- Desaxustes no desenvolvemento madurativo
- Dificultades de vinculación, adopcións….etc.
- Axitación motriz
- Inhibición motriz
- Dificultades no ámbito relacional
- Dificultades na comunicación
- Dificultades visuais, auditivas, motoras, que afecten á capacidade de explorar o entorno
- Nenos e nenas prematuros
- Calquer patoloxía infantil que altere o desenvolvemento madurativo
- Dificultades de vinculación (adopcións, contornos diferentes, etc)
Terapia psicomotriz
- Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
- Ao longo do proceso vital da persoa.
- Traballo individualizado.
- 50 min/sesión
Orientado a nenos e nenas con diferentes dificultades no desenvolvemento madurativo:Previo á incorporación farase una valoración inicial de 4 sesións (2 coa familia e 2 con neno ou nena)
- Retrasos no desenvolvemento
- Desaxustes no desenvolvemento madurativo
- Axitación motriz
- Inhibición motriz
- Dificultades no ámbito relacional
- Dificultades na comunicación
- Dificultades visuais, auditivas, motoras, que afecten á capacidade de explorar o entorno
- Nenos e nenas prematuros
- Calquer patoloxía infantil que altere o desenvolvemento madurativo
- Dificultades de vinculación (adopcións, contornos diferentes, etc)