Baixo o título: “Aportaciones de H. Wallon a la psicomotricidad”, e entrando en cuestións claves do pasado e futuro desta disciplina, Pilar Arnaiz fai un percorrido deste autor e do seu legado no segundo Congreso Mundial da Psicomotricidade, realizado recentemente na cidade de México.
Pilar Arnaiz é unha autora de referencia para todos/as as que traballamos como psicomotricistas. As súas obras son ferramentas prezadas que nos acompañan no traballo, libros ós que acudimos con frecuencia en búsqueda de aclaracións ou contextualización, tanto a nivel teórico como de vivencias nas salas de traballo.
Nesta ponencia acércanos a un autor que foi esencial para o nacemento da psicomotricidade: H. Wallon, quen adicou a súa traxectoria profesional como médico e psicólogo a profundizar sobre a evolución da infancia. Na actualidade é a fonte á que acudimos para comprender e explicar moitos aspectos da maduración infantil. Deu protagonismo ó papel do corpo e movemento na construcción do neno/a, no desenrolo do seu pensamento e carácter. Tamén foi un importante defensor dos dereitos da infancia.
Adxuntamos un enlace a esta ponencia de Pilar: https://youtu.be/hyFOZYKve6M