Actualmente atopámonos nas nosas casas e centros educativos nenos e adolescentes sen ningún tipo de límites ante os cales, tanto pais como educadores, están indefensos e perdidos de como actuar ante eles.
O tipo de educación cambiou en moi pouco tempo pasándose dun modelo autoritario a un modelo de “laisser faire”.
A consecuencia de todo isto é a herdanza na nosa sociedade de individuos tiranos que non respetan nin as normas nin ás persoas.
A continuación deixámosvos un artigo sobre a importancia dos límites e frustracións nos nosos fillos/as e alumnos/as para que se convirtan en individuos sanos psicolóxicamente.
O autor do artigo é Bernard Aucounturier e está publicado na revista de “Padres y Maestros” da Universidade de Comillas, no número 364 (decembro de 2015), monográfico dedicado a psicomotricidade na escola .
Bernard Aucouturier presidente e fundador da Asociación Europea de Escolas de Práctica psicomotríz. Autor e colaborador de varios libros de referencia no campo da psicomotricidade e infancia, e creador dunha práctica psicomotríz cun marco, conceptos e medios de acción aplicables no ámbito da educación e na terapia infantil.
Sempre é un pracer, escoitar e compartir experiencias con este mestre de todos aquiles que traballamos no ámbito da psicomotricidade ou infancia.
Para ler o artigo pinchar no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguRjBBN25lVkpBdjA/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguRjBBN25lVkpBdjA/view?usp=sharing