Medrando Xuntos participou no curso celebrado en Bilbao (organizado pola PEIP EIP escola de práctica psicomotriz) o pasado 24 e 25 de Septembro sobre O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ.
A ponente Lorella Moratto ten unha longa traxectoria no traballo coa práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier tanto no ámbito educativo preventivo como nos grupos de axuda e terapia. Tamén participa na formación de profesionais psicomotricistas.
Afondamos en temas como:
- A importancia de pensar nas posibilidades que favorecen a evolución dos nenos/as buscando que cada un contacte co seu propio potencial.
- O valor do xogo, da acción e relación como claves dentro do noso traballo.
- O respeto polo neno, pola súa orixinalidade, a escoita activa como bases da psicomotricidade vivenciada.
- A importancia da reaseguración profunda no desenrolo emocional do neno/a.
- As orixenes da capacidade simbólica e a transcendencia que ten o longo de todo proceso madurativo….