MEDRANDO XUNTOS RENOVA A COLABORACIÓN CO CENTRO DOWN COMPOSTELA

Mañán martes día 12 de Septembro dende o centro Medrando Xuntos comenzamos, por segundo ano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización de sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
O traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade é un apoio clave para as persoas con Sindrome Down xa que favorece: 
  • O desenrolo das destrezas motrices mellorando a calidade dos movemeventos e incidindo na eficacia no día a día,
  • Potencia o desenrolo do pensamento,
  • Favorece as capacidades comunicativas e expresivas, 
  • Permite o desenrolo da creatividade, 
  • Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
  • Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais                                                                   
Aspectos todos que incidirán na mellora da súa calidade da vida .
    Write a comment