MASTER EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Interesante formación de postgrado dirixida a profesionais que traballamos con nenos/as ata seis anos, ben no ámbito Educativo, Social como Sanitario.
Formación avalada e recomendado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), da que o centro Medrando Xuntos forma parte. Detras  da AGAT estamos un gran número de profesionais galegos que traballamos con nenos/as con dificultades, coas súas familias e a súa contorna. A súa directiva conta con profesionais con longa experiencia na infancia, que se esforzan por ofertar  formación de calidade (sin lugar a dúbidas o “alimento” que nos mantén con forza, ilusión, gañas…), e mellorar os recursos para a infancia con dificultades na nosa comunidade, mellorar os servizos e atención tanto ós nenos como ás súas familias…. Grazas polo voso esforzo do que todos nos fortalecemos.
Para máis información visitade a páxina da AGAT na que está a información do master: http://atenciontemprana.com/
    Write a comment