IMPORTANCIA DO XOGO LIBRE NO DESENROLO MADURATIVO DOS NENOS/AS ATA 6/7 ANOS

Na etapa infantil que abarca dende o nacemento ata os 6/7 anos o cerebro do neno/a  posúe gran neuroplasticidade e dispón das condicións neuronais máis propicias para o seu desenrolo. Prodúcense importantes procesos madurativos que sentarán as bases da evolución posterior do neno/a,  xoven  e adulto:  nacemento da psique, o desenrolo do pensamento, a capacidade comunicativa e expresiva, o desenrolo da creatividade e imaxinación, a consciencia corporal, o control muscular, as capacidades de relación cos demais e  de escoita ….   Son claves para o desenrolo destes procesos as relacións de calidade no seu coidado  e o  xogo espontáneo. 
O obxectivo desta etapa é acadar capacidades e destrezas que lle permitan os nenos/as unha boa disposición física e cognitiva cara futuras aprendizaxes así como desenrolar habilidades que lle faciliten a óptima integración no entorno social.
O uso inadecuado das tecnoloxía neste momento madurativo pode poñer en perigo este decisivo desenrolo do cerebro.
Para acceder ao artigo pinchar no seguinte enlace:
    Write a comment