Uncategorized @gl

XVI JORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: ‘ÉRASE UNA VEZ… ¿QUÉ SE CUENTA EN EL JUEGO?’

Aberto o prazo para incribirse XVI Xornadas de Práctica Psicomotriz organizadas os días 10,11 e 12 de Novembro do 2023, no Palacio Europa de Vitoria – Gasteiz. O tema desta edición será o XOGO do neno. Compartimos o programa:

Para máis información: https://luzaro.net/es/

Seguir lendo
I XORNADAS SOBRE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Achegamos información sobre esta interesante convocatoria da Universidade da Coruña con motivo do peche da edición en curso do Mestrado en DI e AT da UDC.

A  Sesión do 24 de xuño  ten unha relevancia especial para o centro Medrando Xuntos polo lugar que ocupa a psicomotricidade nela, e a intención manifesta polas entidades convocantes de que sexa o prólogo da implantación de estudos de especialización en Galicia.

Animamos a calquer profesional que traballe na infancia a asistir. A inscrición é gratuita. Si che interesa pincha o seguinte enlace https://forms.office.com/e/kdpvmiKrMm

Seguir lendo
MAIO 2023 – Seminario con Bernard Aucouturier creador da PPA (Práctica Psicomotriz Aucourier)

Proposta formativa da Escola Intenacional de Práctica Psicomotriz en Bilbao: “Evolución de la práctica psicomotriz educativa a la ayuda individual en pequeño grupo”

O seminario realizarase o Sábado 6 e Domingo 7 de Maio, online.

Para incripcións e maior información: https://escvpsicomotricidad.com/formacion/seminario-con-bernard-aucouturier-mayo-2023/

Seguir lendo
CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN PONTEVEDRA

PROPOSTA DE FORMACIÓN: “EL ACCESO A LA SIMBOLIZACIÓN EN LA INFANCIA. APORTACIONES DESDE LA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ AUCOUTURIER”.

Impartido por Silvia Giao Varela, Psicopedagoga e Terapeuta Psicomotriz. Profesora do CEFOPP (Madrid). Realizase en CEIP de Laredo: Rúa do Peirao, 3, 36320 Chapela. Pontevedra.

Dirixido a toda persoa interesada en coñecer a Práctica Psicomotriz
no ámbito educativo

O curso contará con 14 horas de formación, repartidas en 9 horas de Formación Persoal y 5 horas de Formación Teórica. Certificación de asistencia avalada polo CEFOPP (Centro De Formación de Practica Psicomotriz Aucoturier).

As persoas interesadas contactar con Raquel González: 637940558.

Seguir lendo
CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN LUGO

Proposta formativa dun curso de sensibilización á Práctica Psicomotriz Aucouturier.

Sin lugar a dúbidas é unha estupenda oportunidade para aproximarse a esta disciplina e a metodoloxía de formación que se emprega.

Seguir lendo
XORNADA DE FORMACIÓN REALIZADA POLO CENTRO MEDRANDO XUNTOS

Este sábado 4 de Febreiro en horario de 10h a 14h realizamos unha sesión formativa no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.

A proposta formativa foi “A psicomotricidade como referente de benestar nas etapas de infantil e primaria“.

Parciparon 17 mestres de Educación Física e Educación Infantil.

Xornada interesante na que afondamos nas necesidades dos neno/as así como as diversas vías que empregan para comunicarse e expresarse. Tamén reflexionamos sobre os múltiples retos que temos os adultos que apoiamos e acompañamos o seu avance madurativo.

A psicomotricidade, sin dúbidas, é unha disciplina que nos permite comprender e descifrar moitas das mensaxes que nos comunican pola via corporal. Tamén a través da psicomotricidade podemos xerar condicións para apoiar e apuntalar o seu avance.

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACION

CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN

O CEFFOP, centro de Formación de Práctica Psicomotriz de Bernard Aucouturier en Madrid, lanza unha nova convocatoria.

A través do curso básico, que se realizará nunha fin de semana, os/as asistentes poderán tomar contacto coa metodoloxía e enfoque desta formación. Os contidos teóricos acompañaranse de traballo persoal (vivenciado), a través do que, a/o psicomotricista, vai incorporando competencias que trasbasan o ámbito cognitivo, adquirindo habilidades e destrezas corporais, relacionais…

Si desexas máis información sobre o curso podes atopala no enlace : https://cefopp.com/curso/?id=1

Seguir lendo
REMATE DO 2022

A punto de rematar o ano 2022, botamos unha ollada atrás para lembrarnos e sentir as emocións de moitas vivencias compartidas con familias, nenos/as (os grandes protagonistas do centro) e profesionais. Atopamos momentos de xogo, de reflexións, de contrastes…., de risas ou tristezas, de vida.

Gracias a todos/as por estas vivencias, por confiar no noso proxecto: “Medrando Xuntos”. Sodes o motor do noso avance e crecemento profesional e persoal.

Abrimos a porta o 2023 con ilusións renovadas.

Seguir lendo
SEMINARIO: Entrevistas de seguimiento con familias

Na maduración dos nenos/as as familias desempeñan un papel clave, esencial e insustituible. Na sala de psicomotricidade son frecuentes os momentos nos que xogan a asumir roles familiares, así como facer representacións (dibuxos) nas que a familia ocupa un lugar importante (como aparece na imaxe desta noticia) .

A familia é:

UN PILAR sobre o que o neno se apoia.

UN CONTINENTE que o acolle.

UN ESPELLO no que se mira e que lle devolve unha mirada.

UNHA GUIA que lle marca uns valores a seguir….

A tarefa da familia non é sustituible pola de ningún profesional, por iso o seu acompañamento e axuda é esencial (maior canto máis cativo sexa o neno/a)

Axuntamos información sobre un curso no que se reflexiona sobre os contactos dos profesionais coas familias, a cargo de Begoña Ruiz, psicóloga e psicomotricista da escola internacional de psicomotricidade de Bilbao.

Para máis información consultar: https://escvpsicomotricidad.com/formacion/entrevistas-de-seguimiento-con-familias-claves/

Seguir lendo
25 ANIVERSARIO DA AGAT

O día 26 de Novembro é unha data sinalada no calendario para moitos nenos/as e familias de Galicia, así como para os profesionais que traballamos no ámbito da Atención Temperá. Fai vinte e cinco anos que se colocaron os cimentos da AGAT (Asoción Galega de Atención Temperá).

É motivo de orgullo contar cunha Asociación con esta traxectoria, co desexo vivo de seguir loitando pola mellora e avance da Atención Temperá en Galicia, na que se da visibilidade ás necesidades da Atención Temperá, e da que xurden ricas propostas formativas. Estas son algunhas das razóns polas que a Asociación Galega de Atención Temperá foi e sigue sendo un apoio esencial.

Dende Medrando Xuntos agradecemos o tempo invertido a tódolos profesionais que ó longo deste anos foron ou son as cabezas visibles da Asociación. Valoramos a súa adicación e xenerosidade.

Compartimos a proposta para este día de festa:

Seguir lendo