Uncategorized @gl

II CONVOCATORIA DO TRIATLON SOLIDARIO DE NEGREIRA

Un ano máis darémonos  cita o vindeiro 17 de Xuño en Negreira, para o triatlon popular – acto solidario que recaudará fondos para a “Asociación de Enfermidades Raras”

No deporte, na vida, son moitas as metas a perseguir, os momentos nos que debemos superarnos, os sentimentos que viviremos… cando o facemos acompañados, seguro que é mais doado.

ANIMO!!! en Negreira estamos todos convocados, uns para a carreira, outros para colaborar, animar, mimar, acompañar a todos  os que foman parte da asociación.

PARA ANOTARTE:
http://fegatri.org/evento/ii-triatlon-solidario-concello-de-negreira-popular/?instance_id=1263

Seguir lendo
CURSO DE INICIACIÓN A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA PREVENTIVA DE BERNARD AUCUTURIER (P.P.A)

Os días 1 e 2 de Xullo do 2017 celebrarase  na escola de psicomotricidade PEIP- EIP BILBAO unha formación dirixida a aproximar os participantes a – Práctica Psicomotriz de Bernard Aucouturier –P.P.A. Nesta ocasión, é unha xornada gratuita

Estupenda oportunidade para tomar conciencia do gran significado da expresividade motríz do neno/a ata 6/7 anos e do papel do adulto no desenrolo madutativo.
Seguir lendo
“MEDRANDO XUNTOS PARTICIPA NO PROGRAMA DE APEGO DO CONCELLO DE AMES”

O próximo Luns 29 de Maio, Medrando Xuntos participará cunha charla – obradoiro, no Programa Apego do Concello de Ames. Falarase e reflexionarase sobre os procesos madurativos que teñen lugar no período de idade que vai dos 0 aos 3 anos.

O lugar de celebración será no Pazo da Peregrina, Bertemiráns, ás 18h.

Para máis información:

http://concellodeames.gal/nova.php?noticia=15312&idioma=es&sec=32

Seguir lendo
“ACERCAMENTO ÁS INVESTIGACIÓNS E TRABALLO DE ARNO STERN”

O próximo día 5 de Maio ás 18:30h. realizarase unha xornada interesante sobre o traballo de Arno Stern e que terá lugar no Centro Abanca Obra Social da Plaza de Cervantes, Santiago. Nela poderemos disfrutar da intervención de Miguel Castro, pintor, actor e profesor de Educación artística que despois de 20 anos de traballo a súa vida profesional deu un xiro ao coñecer e formarse con Arno Stern.

Para mais información:

https://www.facebook.com/events/1228257080627127/

http://dirayaexpresion.es/diraya/

Seguir lendo
“ENTREVISTA A DANIEL CALMELS”




Entrevista a Daniel Calmels, escritor de numerosas obras, psicólogo, psicomotricista, terapeuta infantil e formador de psicomotricidade. Defínese como un estudioso do corpo, o que identifica con unha “insignia” familiar e colectiva que se vai construíndo o longo da vida.

Próximamente en Santiago de Compostela en Xornada organizada pola AGAT : venres 2 de Xuño do 2017.

Seguir lendo
“CONFERENCIAS E OBRADOIROS POR MOTIVO DO 20 ANIVERSARIO DE AGAT”

O 2 e 3 de Xuño celebrarase en Santiago de Compostela diferentes conferencias e obradoiros sobre a importancia do xogo na primeira infancia.

Afondarase na relación entre xogo e cultura e na función do xogo no proceso de socialización. Estudiarase o xogo como espazo de gozo e reflexión para ser, coñecer e sentir, e a súa relevancia na Atención Temperá. Analizarase o papel do adulto nas diferentes fases evolutivas.

Contarase coa participación de sobresaíntes profesionais, creadores e creadoras e artistas que inscriben a súa activiadade no itinerario 0-6.

Para mais información:


Seguir lendo
“SEMINARIO EN MADRID CON BERNARD AUCOUTURIER”



O 23 de abril de 2017 será outra oportunidade de escoitar ao maestro da Psicomotricidade Vivenciada e Relacional Bernard Aucouturier.

O seminario realizarase xunto có
Observatorio de la Universidad Rey Juan Carlos para o estudo e desenrolo de innovacións no ámbito educativo, unha iniciativa que nace coa visión de transformar a educación para transformar a sociedad.

Para mais información:
http://www.lavioleta.org/seminario-bernard


Seguir lendo
“DIFERENTES XORNADAS PARA O ANO 2017 EN BILBAO”
INFORMAMOS DE VARIAS XORNADAS DE FORMACIÓN/REFLEXIÓN QUE SEGURO RESULTAN INTERESANTES. PODE SER UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA DISFRUTAR DA EXPERIENCIA DE PROFESIONAIS DE AMPLA TRAYECTORIA E TAMÉN DAS TERRAS E XENTES DE BILBAO.
XORNADAS A CARGO DA ASOCIACIÓN EUROPEA DE ESCOLAS DE FORMACIÓN NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ. FORMACIÓN IMPARTIDA POR PROFESIONAIS DAS DIFERENTES ESCOLAS QUE FORMAN A ASEFOP:
  • IX Xornada Internacional ASEFOP de Práctica Psicomotriz Bilbao. 11 de febreiro de 2017. 
FORMACIÓNS A CARGO DA ESCOLA INTERNACIONAL DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ PEI-EIP DE BILBAO. FORMACIÓN CON BERNARD AUCOUTURIER:
  • Formación con Bernard Aucouturier en Bilbao 1 y 2 de Abril. Seminario de dudas.
  • Seminario de Formación Personal con Bernard Aucouturier en Bilbao 9, 10 y 11 de Junio de 2017.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Seguir lendo
“DA COMEZO O PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA NA ESCOLA MUNICIPAL DE NEGREIRA”
Co comenzo do novo ano, 2017, reanudamos na Escola Infantil Municipal de Negreira o Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva, dirixido a nenos/as de 2/3 anos, terceiro ano de Educación Infantil. 

Recibíronnos con gran emoción, e aqueles, os menos, que entraron recelosos, con medo ou angustia, despedíronse cun sorriso ou expontáneas apertas.

Cada martes estaremos ahí.
Para mais información:
Seguir lendo
INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DO NOSO CENTRO
Equipo Profesional. Comezando pola dereita: Itos, Eva, Marina e Isa.

O xoves 15 de Decembro celebramos a inauguración das novas instalacións do noso centro, Medrando Xuntos. Estivemos moi ben acompañados de amigos e profesionais, coñecedores do noso traballo. Brindamos e formulamos un gran desexo: seguir avanzando na mellora do noso traballo  e seguir apoiando e favorecendo o desenrolo dos nenos/as que acudan ao centro.

Non foi posible coincidir con todos/as amigos e compañeiros, así que, a partir do luns día 19 de Decembro, que xa estaremos traballando nas novas instalacións,  podedes contactar con nós e visitarnos.
A nova dirección é Rúa das Hedras nº 11 Baixo, Milladoiro (fronte ao loft onde estábamos).
Moitas grazas.
O equipo profesional de Medrando Xuntos. 
Fachada do novo centro.
Seguir lendo