Equipo Profesional. Comezando pola dereita: Itos, Eva, Marina e Isa. |
O xoves 15 de Decembro celebramos a inauguración das novas instalacións do noso centro, Medrando Xuntos. Estivemos moi ben acompañados de amigos e profesionais, coñecedores do noso traballo. Brindamos e formulamos un gran desexo: seguir avanzando na mellora do noso traballo e seguir apoiando e favorecendo o desenrolo dos nenos/as que acudan ao centro.
Itos Lorenzo e Mº Ángeles Cremades |
Pola esquerda: Eva Torres, Mirtha Chokler, Itos Lorenzo e Marta Prieto. |
Nas datas 18, 19 e 20 de Novembro celébraranse en Madrid as VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRÍZ, oganizadas por CEFOPP (Centro de Formación de Práctica Psicomotriz).
Medrando Xuntos colaborará coa aportación dun poster informativo sobre a temática. A nosa participación foi solicitada en base a dilatada experiencia da entidade no apoio madurativo dos nenos/as a través da Psicomotricidade Educativa Preventiva.
Para máis información:
Na posta en marcha deste novo curso 2016/17 Medrando Xuntos ten o pracer de iniciar relación laboral co centro Down Compostela asumindo a realización de tres grupos semanais de axuda psicomotriz.