Sin categorizar

19 DE SEPTEMBRO: DÍA EUROPEO DA PSICOMOTRICIDADE




Unha data significativa para o equipo do Centro MEDRANDO XUNTOS así como para todos aquiles que valoren o traballo psicomotriz ben dende o ámbito EDUCATIVO PREVENTIVO así como REECUCATIVO ou TERAPÉUTICO.

En Galiza aínda nos queda moito camiño por percorrer. No momento actual a psicomotricidade aínda non existe nos plans de formación Universitarios, e a  presenza que ten nos plans formativos doutros profesionais é limitado e con un enfoque restrinxido.
No centro Medrando Xuntos a psicomotricidade ocupa un lugar prioritario – é unha formación imprescinble para o persoal do centro.
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS RENOVA A COLABORACIÓN CO CENTRO DOWN COMPOSTELA

Mañán martes día 12 de Septembro dende o centro Medrando Xuntos comenzamos, por segundo ano, o traballo de colaboración coa Asociación Down Compostela a través da realización de sesións de Psicomotricidade Vivenciada Relacional.
O traballo que se realiza nas sesións de psicomotricidade é un apoio clave para as persoas con Sindrome Down xa que favorece: 
  • O desenrolo das destrezas motrices mellorando a calidade dos movemeventos e incidindo na eficacia no día a día,
  • Potencia o desenrolo do pensamento,
  • Favorece as capacidades comunicativas e expresivas, 
  • Permite o desenrolo da creatividade, 
  • Fomenta a consciencia de experiencias corporais e mellora do tono muscular, 
  • Facilita a adquisición de novas habilidades relacionais                                                                   

Aspectos todos que incidirán na mellora da súa calidade da vida .
Seguir lendo
CHARLA INFORMATIVA E XORNADA DE FORMACION CON MIGUEL CASTRO
Próximamente, o venres día 22 de Septembro e o fin de semán 23 e 24 temos a oportunidade de disfrutar coa charla informativa e formación que impartirá Miguel Castro na Coruña. Recentemente, o 28 Abril, xa tivemos o gusto de escoitalo en Santiago, convocatoria que tivo unha acollida fantástica.
Para aquiles que xa coñecen os aportes desta técnica de pintura e desexen incorporarse a traballar, temos a oportunidade de facelo asistidas por PATRICIA RIVERA, profesional formada que abrirá un grupo próximamente nun local acondicionado nas instalacións da Escola Montesori de Compostela. Será os xoves no horario de 18.00h a 19.30h. Si estás interesado/a contacta con Patricia no móvil 652606996 ou no correo electrónico patricia. riveracrespo@gmail.com
Seguir lendo
OFERTA DE GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA PARA O CURSO ESCOLAR 2017/18
Un ano máis, co arranque do novo curso, dende Medrando Xuntosofertamos a proposta de traballo a nivel EDUCATIVO PREVENTIVO para nenos/as de idades comprendidas entre os 2 anos (último ano de escola infantila) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria). Os grupos realizaranse os Mércores nas instalacións da aula de psicomotricidade da escola infantil de Maía.

Os horarios previstos serán:
  •     GRUPO I: de 16.10h a 17.10h  para nenos/as de 5 a 6/7 anos.
  •     GRUPO II: de 17.15h a 18.05 para os máis pequenos – 2 anos.
  •     GRUPO III: de 18.10h a 19.10h para nenos/as de 3/4 anos.

O mércores día 27 manteremos unha reunión coas familias para explicar o traballo que imos facer así como formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas. Para dita reunión enviaremos convocatoria na semán anterior.
Os grupos cos nenos empezarán o mercores 4 de Outubro
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com
Na EEI Milladoiro será a ANPA do centro a que oferte o servizo de Medrando Xuntos para a realización de grupos de Psicomotricidade Educativa Preventiva. Para máis información poñerse en contacto cos menbros da ANPA MILLAPEQUES millapeques@gmail.com
Os aportes do traballo realizado a través das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son claves, nesta etapa madurativa, ata 6/7 anos, xa que potencian e estimulan o desenrolo global dos nenos/as. Así mesmo:
  •     Favorecen o desenrolo motor e a boa integración do esquema corporal (prerrequisito para as   aprendizaxes como pode ser a lectoescritura).
  •     Potencian o desenrolo emocional  (a capacidade de descentración tónico – emocional).
  •     Favorecen a aprendizaxe de habilidades sociais e integración no grupo de iguais.
  •     Petencian o desenrolo cognitivo e a actividade creativa.
  •     Facilitan a adquisición da IDENTIDADE….

Seguir lendo
ENTREVISTA A PETER C GOTZSCHE


 Peter C. Gotzsche, médico, biólogo, científico e docente, ofrécenos nesta entrevista unha visión crítica sobre o uso / abuso dos psicofármacos na práctica clínica.

Conclusións que fundamenta en amplos estudios de investigacións (con recentes publicacións), na práctica profesional e no coñecemento  das empresas farmáceuticas.

Resalta dúas grandes conclusións:

  • Importancia de evitar o uso de fármacos na medida do posible xa que moitos dos seus efectos, dende unha mirada ampla, non poden clasificarse como positivos para o benestar da persona.
  • Necesidade dun cambio paradigmático da psiquiatría biolóxica, otorgando un papel máis destacado ás historias clínicas das personas, ó sufrimento e outros sentimentos, ás dinámicas vitales…
Para leer máis pinchar o enlace: http://www.fronterad.com/?q=16287# 
Seguir lendo
CONVOCATORIA PARA AS XIII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Baixo un título suxerente : «¿Niñas y niños difíciles? ¿Pero de que dificultad estamos hablando?  convócannos as XIII XORNADAS DE PRÁCTICAS PSICOMOTRIZ, que como anos anteriores se celebrarán en Vitoria, os días 10,11 e 12 de Novembro deste curso 2017.
Dende Medrando Xuntos animamos a todas/os profesionais que traballamos no ámbito da Psicomotricidade Vivenciada a unirse a esta convocatoria.
No centro temos o pracer de coñecer e compartir horas de reflexións, xogos, risas, paseos …,con membros do CEFOPP de Madrid e estamos desexando participar nas reflexións que nos terán preparadas.
Seguir lendo
MONOGRAFICO DA REVISTA CUARDERNOS DE PSICOMOTRICIDADE SOBRE «ATENCIÓN TEMPERÁ»


O último número Nº53 (Xuño 2017) da revista «Cuadernos de Psicomotricidade» editada pola Escola de Psicomotricidade da UNED de Bergara está adicada a atención temperá. Como sempre, aparecen artículos interesantes para aqueles que traballamos nesta etapa do desenrolo.

Destacar o artigo escrito por Álvaro Beñarán Aranzabal, que recentemente tivemos tamén oportunidade de escoitar nas Xornadas de Psicomotricidade celebradas en Madrid (sobre o tema da identidade). Alvaro explica o papel privilexiado que xoga a práctica psicomotriz no apoio e axuda ós nenos/as. Neste artigo céntrase naqueles que teñen dificultades.
A psicomotrocidade abre o neno/a a posibilidade de xogar, de crear, de actuar sobre o seu entorno acompañado dun adulto dispoñible, atento e respetuoso coas súas capacidades. Alvaro defende que a práctica psicomotriz é unha ferramenta que sempre debería estar na Atención Temperá, ben como un recurso específico ou complementario doutras intervencións xa máis enfocadas a tarefa de corrección, que tenden resultar as veces un tanto agresivas (e xerar novas dificultadades de carácter emocional que afectan á maduración psicolóxica dos nenos/as). 
Canto camiño nos queda por percorrer!!!!
Tamén aparece unha experiencia realizada nuha Ikastola de Irún, espazos onde a psicomotricidade educativa preventiva ten un lugar privilexiado. Aritz Larreta Bereziartua é o autor do artigo, con quen tivemos a portunidade de compartir algunhas xornadas de traballo recentemente en Bilbao. Aupa Aritz!!! e un gusto escoitar experiencias como a que relatas no artigo das compañeiras da escola, a nosa noraboa o equipo.
Seguir lendo
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RECOÑECE A MEDRANDO XUNTOS COMO ENTIDADE COLABORADORA NO PRÁCTICUM DA FACULTADE DE PSICOLOXÍA

Este venres, día 30 de Xuño, as 13h. Medrando Xuntos participou no acto de entrega de certificacións acreditativas de colaboración da U.S.C. ás entidades colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Un acto no que interviron o Sr Reitor da Universidade, a Sra. Decana da Facultade de Psicoloxía e Paula Villar Vicedecana de Mobilidade e Prácticum da Facultade de Psicoloxía. 


En Medrando Xuntos recibimos este ano a Sonia, alumna do grado de psicoloxía. Foi unha experiencia nova, e unha vez vivída valoramos que supuxo un enriquecemento para o equipo do centro xa que, nos fixo repensar, apalabrar, e xustificar accións no noso quefacer diario que, con frecuencia realizamos dun xeito automático. Acoller alunmos en prácticas é unha aposta do centro pola formación e un compromiso para aportar ós alumnos, xa na última etapa da carreira, competencias, valores e ilusión no desempeño da súa profesión. 

Aproveitamos tamén para agradecer a Sonia  o esforzo,  traballo e  dispoñibilidade mostrada durante esta etapa.


Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ASISTE A UNHA XORNADA DE FORMACIÓN CON BERNARD AUCOUTURIER

A cita foi este fin de semán, 9,10 e 11 de Xuño, en Bilbao, xornada de FORMACIÓN PERSOAL organizada pola escola internacional de práctica psicomotriz PEIP EIP BILBAO.
Un placer poder disfrutar de Bernard Aucouturer, fundador da práctica psicomotríz coa que traballamos no centro de Medrando Xuntos, tanto a nivel Educativo / Preventivo, como Reeducativo / Terapeutico.
A nosa formación pasa necesariamente polo redescubrimento de nos mesmas a partir das vivencias corporais. Así integramos, revisamos, actualizamos o sistema de actitudes e tecnicidade precisa para entablar unha  relación axustada cos nenos/as cos que traballabamos. A psicomotricista e unha profesional que precisa contínua renovación e investigación a tres niveis diferentes:
  • No campo teórico: coñecer os procesos evolutivos dos nenos/as.
  • No coñecemento da práctico: que implica moitas horas de formación a través de visualización e análisis de sesións de traballo cos nenos/as.
  • E no coñecemento de sí mesmo, das nosa historia persoal, dos nosos propios medos e «fantasmas»,…
Unindo os tres saberes, desenrolamos a mirada, postura, sensibilidade, vocabulario, empatía…. armas asenciais no facer diario, que nos permitirán entender, e axustarnos  as necesides dos nenos/as cos que traballamos.
Seguir lendo
REUNIÓN DE REMATE DE CURSO PARA FAMILIAS EN BERTAMIRÁNS

Este luns día 5 de Xuño, as 17.00h na casa da cultura de Bertamiráns tivemos a reunión de fin de curso para as familias dos nenos/as que asisten o «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva» no colexio de Agro do Muiño e colexio da Maía. 

O xoves pasado día 1 de Xuño, reunímonos coas familias de Milladoiro.
Compartimos, como cada ano, un reportaxe de imáxenes e música, cargado de emocións, un pequerrechiño exemplo, do que acontece na sala. 
Os usuarios do programa, ben saben, o lugar que ocupan as sesións de psicomotricidade no corazón dos seus fillos, o desexo que desperta neles, sen lugar a dúbidas reflexo de que  «DENTRO CÓCESE ALGO RICO».
Gracias a todas as familias pola confianza no noso traballo.

Para visualizar o video pinchar:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1j3x2GdtDB_UIvMdc

Seguir lendo