Sin categorizar

ABERTOS PLAZOS PARA FORMACIÓN : «ESCUELA DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ» EN BILBAO
·  CURSO BIENAL DE ESPECIALISTA EN PRÁCTICA PSICOMOTRIZ EDUCATIVA Y DE AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO (CON ORIENTACIÓN TERAPÉUTICA). OCTAVA PROMOCIÓN 2019-2021
·  CURSO ANUAL DE ESPECIALISTA EN AYUDA PSICOMOTRIZ EN PEQUEÑO GRUPO. (con orientación terapéutica) 2019

·  SEMINARIO DE INICIACIÓN A LA PPA 30 JUNIO- 1 DE JUNIO 2018 CON MIGUEL ANGEL DOMINGUEZ SEVILLANO.
·  SEMINARIO DE “ANALISIS DE VIDEO GRUPO PEQUEÑO” 22-23 DE SEPTIEMBRE 2018 CON SONIA COMPOSTELA.
·  SEMINARIO DE “RESILENCIA, PSICOMOTRICIDAD Y EXPERIENCIAS EN GRUPO” 17-18 DE NOVIEMBRE DE 2018 CON BEGOÑA RUIZ.
ESCUELA PEI-EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ DE BILBAO
(Dentro de la Escuela Internacional Aucouturier)
Seminarios con homologación como cursos de actualización científico-didáctica del profesorado de la CAPV”
Con la presencia exclusiva como director científico y profesor de Bernard Aucouturier (creador de la práctica psicomotriz)
FORMADORES EIA:
Miguel Ángel Domínguez Sevillano
Sonia Compostella
Lorella Morato
Yolanda Mena
ADEMÁS
Francis Elizalde
Teresa Martínez
Begoña Ruiz
Bidegintza
MAS INFORMACIÓN EN
Seguir lendo
ANIVERSARIO DO CENTRO AUCOUTURIER

Emocionante xornada a vivida este sábado día 26 de Maio nas instalacións do centro Aucouturier en Madrid, na celebración do 25 Aniversario. Coincide esta celebración coa inaguración dunhas novas instalacións. Estaba todo preparado para facer unha viaxe por estes 25 anos, dos que nós empezamos a formar parte fai 14. Diferentes centros e profesionais de toda España aportamos imaxes, mensaxes, diferentes materiais explicativos dos nosos traballos….. 
A xornada inagurouna Mary Angeles, directora da escola, cunha charla cargada de emoción e contidos interesantes sobre o papel que temos as psicomotricistas na sala. Despois dunha pausa, diuse paso a profesionais que compartimos a nosa experiencia. Intervencións todas cun alto contido emocional polo que as risas, os aplausos e as bágoas fóronnos acompañando toda a mañán.
Dende Medrando Xuntos demos a  NORABOA a todo o equipo que forma o CEFFOP, son parte de nós, xa que a formación recibida no centro foi clave nas nosas traxectorias profesionais, polo tanto sempre serán un referente significativo a título persoal e como centro.
Seguir lendo
30 ANIVERSARIO DO CEFOPP

O sábado día 26 de Maio, o centro de Estudios e Formación de Práctica Psicomotriz «Bernard Aucouturier» está de celebración:  30 ANIVERSARIO. Parabéns!!! Dende o centro Medrando Xuntos sabemos que tamén forman parte da nosa creación, das nosas orixes, e polo tanto da nosa historia.
Con tal motivo organizaron unha conferencia que impartirá Mary Angeles Cremades  (directora do centro), baixo o título de «El rol del adulto en la Sala de Psicomotricidad». Seguro que nos ofrecerá interesantes aportacións.

Posteriormente terá lugar un segundo acto titulado «Y la Práctica Psicomotriz entró en mi vida». Diferentes profesionais estamos convocados para participar, aportando a experiencia que vivimos ou estamos a vivir dende o ámbito da psicomotricidade. Itos, dándolle voz ó centro Medrando Xuntos, compartirá cos  asistentes vivencias que forman parten da súa práctica psicomotriz.

Será un pracer asistir, participar, encontrarnos e reencontrarnos con mestras/es, compañeiras/os e aproveitar para seguir reflexionando e enriquecéndonos a través da psicomotricidade.

Pódese ampliar a información no enlace: http://cefopp.com/jornada-aniversario-26-de-mayo-de-2018-2/
Seguir lendo
EN MARCHA O PROGRAMA DE APOIO TERAPÉUTICO EN NEGREIRA

Xa en marcha o «Programa de Apoio Terapéutico» que realiza o centro Medrando Xuntos en Negreira. Arrancamos o traballo atendendo a sete nenos/as de idades comprendidas entre os 22 meses e 9 anos.
As terapias realízanse nas instalacións que ten o Concello para «Servizos Terapéuticos» ou, para os máis pequenos, nas instalacións da Escola Infantil Municipal.
Nestes momentos iniciais é fundamental unha mirada e escoita atentas que nos permitirán ir descifrando o que os nenos/as nos comunican: co seu corpo, coa mirada, co tono, coa xestualidade e expresividade, a través da súa comunicación (silencio, palabras), co movemento ou quietude, co xogo ou pasividade, coa emoción…. Tamén é preciso un axuste ó neno que nos permitirá xerar os lazos – a relación a través da que podamos entrar no seu mundo e axudalo. Momentos tamén de descubrinos, de marcar os límites e as normas, de marcar rituais e tempos… Todo posibilitará o ENCUADRE do traballo. 
É o comezo dunha historia de relación, de axuda, na que o neno será o que vai marcando o camiño.
Seguir lendo
NOVO LIBRO DE BERNARD AUCOUTURIER

Próximamente sairá á venta un novo libro de Bernard Aucouturier cun título que nos remite á gran importancia da acción espontánea dos nenos/as: «Actuar, jugar, pensar». Aucouturier profundiza na estreita correlación existente entre o xogo, tal como el o concibe (un xogo libre) e o desenrolo do pensamento, así como a construción da identidade. Xa esperamos emocionadas poder mercar un exemplar.

O adianto dalgunhas reflexións sobre o libro fíxoas en Bilbao esta fin de semana pasada, 10 e 11 de Marzo. O próximo 7 de Abril estará en  Madrid, no acto organizado pola Escola Infantil Violeta en colaboración coa editorial Grao e a «Universidade Rey Juan Carlos».
Para os que facemos a PPA (Práctica Psicomotriz Acouturier) sempre é enriquecedor e ademais un gran pracer escoitar ó mestre e fundador deste enfoque.
Seguir lendo
AMPLIACIÓN DA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NEGREIRA

Este próximo martes, 13 de Marzo, comezaremos unha nova andadura confiada ó centro por parte do Concello de Negreira con quen xa vimos colaborando dende fai tres anos a través do «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva».

Este novo proxecto vai dirixido a dar apoio a nenos/as con necesidades especiais.
Ó longo deste mes de Marzo está previsto que dende o Concello se deriven as familias con nenos susceptibles da axuda. Establecerase un primeiro contacto para elaborar a anamnesis e logo empezar a valoración dos nenos para identificar cal é o apoio que estimamos oportuno. Diseñarase un plan personalizado para cada usuario.
Este traballo levarase adiante en instalacións propias do Concello. Sen lugar a dúbidas unha boa nova para as familias.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/03/10/negreira-activa-iniciativa-apoyo-ninos-necesidades-especiales/0003_201803S10C7992.htm

Seguir lendo
SEMINARIO DE BERNARD AUCOUTURIER
Nas próximas datas, 10 e 11 de Marzo do 2018 Bernard Aucouturier estará en Bilbao na cita a que ven acudindo estes ùltimos anos na ESCOLA DE PEIP EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ. Convocatoria na que se abordarán aspectos teóricos e prácticos do traballo na sala de psicomotricidade.
Interesante xornada para escoitar o creador desta práctica e seguro que tamén é unha estupenda oportunidade para compartir e enriquecerse das experiencias e vivencias doutras /os psicomotricistas no seu traballo  no día a día.
Seguir lendo
ARTIGO INTERESANTE DE VICENC ARNAIZ
Vicenc Arnaiz, psicólogo, director do servicio de Atención Temperá de Menorca, colaborador coa escola de formación de psicomotricidade na preparación de futuros psicomotricistas (CEFFOP), un referente no mundo da infancia e da educación  . Neste artigo fai unha clarísima e sinxela explicación  na que mostra o camiño que permite os nenos/as  formar a súa IDENTIDADE, a integración do YO. A aceptación dos límites é unha condición necesaria para acadar tal obxectivo.

Pincha para enlace con PDF artigo: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBWdAD-TuiE6PdCY

Seguir lendo
SEMINARIO DE FORMACIÓN: PRÁCTICA PSICOMOTRIZ TERAPEUTICA

Interesante convocatoria para acercarse a Bilbao e profundizar sobre aspectos relacionados coa práctica psicomotriz terapéutica.

Seguir lendo
«TOCA PSICO» ESCOLA MUNICIPAL NEGREIRA
SESIÓN –  CURSO 2017

Por terceiro ano comenzamos a colaboración entre o centro Medrando Xuntos e o Concello de Negreira para a realización das sesións de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» cos nenos/as do último curso (2/3 anos). 
Este é un modelo de intervención non directivo (xerado polo profesor Bernard Aucouturier), onde se parte das potencialidades dos nenos e dende unha dinámica de xogo, nun espazo preparado e organizado favorecese a actividade expontánea de cada un.
Resaltamos a importancia das aprendizaxes que se adquiren nesta etapa, xa que son a base sobre a que se construirá a persoa, e do papel esencial que xoga o movemento, a acción e o corpo do neno. Asimesmo o placer e disfrute é outro ingredinte esencial para o desenrolo madurativo e para a adquisición da identidade e dunha autoestima capaz.
Marcámonos como reto: «atender e acompañar os nenos/as para que se convirtan e  axentes activos na adquisción dos coñecementos tando do mundo que os rodea como de sí mesmos.
Estes son algúns dos pilares da PSICOMOTRICIDADE.
FOLLETO INFORMATIVO DA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBShtSxWRdFYN_Hg
Seguir lendo