Sin categorizar

CURSO DE FORMACIÓN ORGANIZADO POLA UNED

«LA PSICOMOTRICIDAD COMO VÍA PARA EL BIENESTAR EMOCIONAL EN LA INFANCIA Y ADOLESCENCIA»

¿Que entendemos por benestar emocional? ¿Que aspectos na evolución madurativa dos nenos /as e dos individuos en xeral están relacionados co benestar emocional?.. Estas e outras preguntas poderán reflexionarse nesta xornada de formación. Profundizarase na psicomotricidade, un recurso educativo/preventivo e terapéutico que permite prever, identificar e apoiar os nenos/as e adolescentes no seu desenrolo emocional, reforzando e dotando de recursos personais que lle permintan afrontar o día día.

Data: Novembro do 2023 vía online e presencial.

Impartido por Begoña Ruíz Ibáñez. Lucenciada en Psicoloxía con habilitación en Educación Social e profesora da Escola Internacional de Practica Psicomotriz PEI-EIP de Bilbao.

Para obter máis información curso: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/31699

Seguir lendo
XVI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

Xa está aberto o prazo para incribirse nas Xornadas de Práctica Psicomotriz que se organizarán os días 10,11 e 12 de Novembro en Vitoria – Gasteiz (Palacio Europa).

No traballo coa infancia e na práctica psicomotriz é esencial a formación para impulsar a comprensión do xogo, das accións e movemento/pasividade dos nenos/as, das representacións .. pois é a ferramenta que nos permite a interacción, axuda e acompañamento. Estas xornadas afondarán neste tema.

Para inscripción e información sobre os ponentes e programa pica o enlace: https://luzaro.net/es/xvi-psikomotrizitate-jardunaldiak/

Seguir lendo
XORNADA ESPECIAL DE PSICOMOTRICIDADE

O INFANTE COMO SUXETO DAS SÚAS CAPACIDADES E DIFICULTADES, A PRÁCTICA PSICOMOTRIZ NA ATENCIÓN TEMPERÁ

O día 24 de Xuño, como peche do master de Atención Temperá, tivemos o pracer de atoparnos na Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Educación) nunha xornada adicada a psicomotricidade na que participaron tres psicomotricistas de referencia en España: Álvaro Beñalán (Donostia) e neste momento presidente da ASEFOP (Asociación Europea de Psicomotricistas), Marta Prieto (Madrid) e Angels Morral (Cataluña).

Dende a mirada que caracteriza á/ó psicomotricista incidiron na importancia da psicomotricidade Educativa e Terapéutica no acompañamento e axuda dos nenos/as na Atención Temperá.

Marta Prieto introduciunos na Psicomotricidade Educativa, entendendo o neno como un suxeito activo, contemplado dende as potencialidades ó marxe das dificultades. Abordou temas como o vínculo, desexo, pulsión, normas e límites, o corpo e a súa expresividade…. un percorrido sobre múltiples aspectos a contemplar nos nenos/as dentro da sesión de psicomotricidade.

Alvaro Beñalán compartiu o proxecto piloto (de prevención) que realizou neste curso nunha escola. O psicomotricistas observa os nenos/as nas aulas ordinarias para identificar posibles necesidades especiales, co fin de poder iniciar os apoios o antes posibles, xa no contorno da escola, ou recomendar tamén derivacións a servizos especializados si se considera oportuno.

Angels Morral presentounos o traballo que están levando a cabo ela e o seu equipo no «Centre Educatiu i Terapèutic Carrilet» de autismo. Tamén compartiu os últimos estudios que están facendo sobre indicadores do transtorno autista en nenos/as menores dun ano. Sempre destacando a importancia da psicomotricidade neste traballo.

Na xornada tamén participou Victor Arufe, docente da Universidade vinculado á área de deporte e psicomotricidade, investigador e escritor. Nas investigación que realizou destaca a importancia da psicomotricidade no desenrolo da primeira infancia, así como das carencias que hai a nivel de formación nos docentes educativos. Queda moito percorrido que facer.

Foi unha gran xornada, en especial para todos os que loitamos para que a psicomotricidade sexa recoñecida e valorada dentro do traballo educativo e terapéutico.

Seguir lendo
XVI JORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: ‘ÉRASE UNA VEZ… ¿QUÉ SE CUENTA EN EL JUEGO?’

Aberto o prazo para incribirse XVI Xornadas de Práctica Psicomotriz organizadas os días 10,11 e 12 de Novembro do 2023, no Palacio Europa de Vitoria – Gasteiz. O tema desta edición será o XOGO do neno. Compartimos o programa:

Para máis información: https://luzaro.net/es/

Seguir lendo
I XORNADAS SOBRE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

Achegamos información sobre esta interesante convocatoria da Universidade da Coruña con motivo do peche da edición en curso do Mestrado en DI e AT da UDC.

A  Sesión do 24 de xuño  ten unha relevancia especial para o centro Medrando Xuntos polo lugar que ocupa a psicomotricidade nela, e a intención manifesta polas entidades convocantes de que sexa o prólogo da implantación de estudos de especialización en Galicia.

Animamos a calquer profesional que traballe na infancia a asistir. A inscrición é gratuita. Si che interesa pincha o seguinte enlace https://forms.office.com/e/kdpvmiKrMm

Seguir lendo
MAIO 2023 – Seminario con Bernard Aucouturier creador da PPA (Práctica Psicomotriz Aucourier)

Proposta formativa da Escola Intenacional de Práctica Psicomotriz en Bilbao: “Evolución de la práctica psicomotriz educativa a la ayuda individual en pequeño grupo”

O seminario realizarase o Sábado 6 e Domingo 7 de Maio, online.

Para incripcións e maior información: https://escvpsicomotricidad.com/formacion/seminario-con-bernard-aucouturier-mayo-2023/

Seguir lendo
CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN PONTEVEDRA

PROPOSTA DE FORMACIÓN: «EL ACCESO A LA SIMBOLIZACIÓN EN LA INFANCIA. APORTACIONES DESDE LA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ AUCOUTURIER».

Impartido por Silvia Giao Varela, Psicopedagoga e Terapeuta Psicomotriz. Profesora do CEFOPP (Madrid). Realizase en CEIP de Laredo: Rúa do Peirao, 3, 36320 Chapela. Pontevedra.

Dirixido a toda persoa interesada en coñecer a Práctica Psicomotriz
no ámbito educativo

O curso contará con 14 horas de formación, repartidas en 9 horas de Formación Persoal y 5 horas de Formación Teórica. Certificación de asistencia avalada polo CEFOPP (Centro De Formación de Practica Psicomotriz Aucoturier).

As persoas interesadas contactar con Raquel González: 637940558.

Seguir lendo
CURSO DE SENSIBILIZACIÓN EN LUGO

Proposta formativa dun curso de sensibilización á Práctica Psicomotriz Aucouturier.

Sin lugar a dúbidas é unha estupenda oportunidade para aproximarse a esta disciplina e a metodoloxía de formación que se emprega.

Seguir lendo
XORNADA DE FORMACIÓN REALIZADA POLO CENTRO MEDRANDO XUNTOS

Este sábado 4 de Febreiro en horario de 10h a 14h realizamos unha sesión formativa no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.

A proposta formativa foi «A psicomotricidade como referente de benestar nas etapas de infantil e primaria«.

Parciparon 17 mestres de Educación Física e Educación Infantil.

Xornada interesante na que afondamos nas necesidades dos neno/as así como as diversas vías que empregan para comunicarse e expresarse. Tamén reflexionamos sobre os múltiples retos que temos os adultos que apoiamos e acompañamos o seu avance madurativo.

A psicomotricidade, sin dúbidas, é unha disciplina que nos permite comprender e descifrar moitas das mensaxes que nos comunican pola via corporal. Tamén a través da psicomotricidade podemos xerar condicións para apoiar e apuntalar o seu avance.

Seguir lendo
PROPOSTA DE FORMACION

CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN

O CEFFOP, centro de Formación de Práctica Psicomotriz de Bernard Aucouturier en Madrid, lanza unha nova convocatoria.

A través do curso básico, que se realizará nunha fin de semana, os/as asistentes poderán tomar contacto coa metodoloxía e enfoque desta formación. Os contidos teóricos acompañaranse de traballo persoal (vivenciado), a través do que, a/o psicomotricista, vai incorporando competencias que trasbasan o ámbito cognitivo, adquirindo habilidades e destrezas corporais, relacionais…

Si desexas máis información sobre o curso podes atopala no enlace : https://cefopp.com/curso/?id=1

Seguir lendo