Pilar Arnaiz e Alfonso Lázaro serán os ponenentes deste curso, referentes para todos aquiles que na práctica profesional valémonos da psicomotricidade como metodoloxia para aproximarnos e apoiar os nenos/as. Pilares significativos para a nosa formación que teñen escritos numerosos artigos e libros sobre a intervención psicomotriz.
Pilar Arnaiz profesora/investigadora da Universidade de Murcia. Xunto a Iolanda Vives e Marta Rabadán escritora do libro “La psicomotricidad en la escuela. Una práctica Preventiva y Educativa” – Considero que é un dos libros referentes os que sempre acudimos cando queremos refrescar conceptos básicos na psicomotricidade.
Alfonso Lázaro profesional vinculado ó Colexio Público de Educación Especial Gloria Fuertes de Andorra (Teruel). Referente na ámbito da psicomotricidade tanto na práctica profesional como nas tarefas de investigación e formación. Escritor tamén referente para @s psicomotricistas. As imaxes da sala de psicomotricidade do Colexio Gloria Fuertes opino que foron e seguirán sendo un referente para tódolos que fomos montando salas de psicomotricidade a posteriori.