Itos Lorenzo

PONENCIA DE PILAR ARNAIZ NO CONGRESO MUNDIAL DE PSICOMOTRICIDADE

Baixo o título: “Aportaciones de H. Wallon a la psicomotricidad”, e entrando en cuestións claves do pasado e futuro desta disciplina, Pilar Arnaiz fai un percorrido deste autor e do seu legado no segundo Congreso Mundial da Psicomotricidade, realizado recentemente na cidade de México.

Pilar Arnaiz é unha autora de referencia para todos/as as que traballamos como psicomotricistas. As súas obras son ferramentas prezadas que nos acompañan no traballo, libros ós que acudimos con frecuencia en búsqueda de aclaracións ou contextualización, tanto a nivel teórico como de vivencias nas salas de traballo.

Nesta ponencia acércanos a un autor que foi esencial para o nacemento da psicomotricidade: H. Wallon, quen adicou a súa traxectoria profesional como médico e psicólogo a profundizar sobre a evolución da infancia. Na actualidade é a fonte á que acudimos para comprender e explicar moitos aspectos da maduración infantil. Deu protagonismo ó papel do corpo e movemento na construcción do neno/a, no desenrolo do seu pensamento e carácter. Tamén foi un importante defensor dos dereitos da infancia.

Adxuntamos un enlace a esta ponencia de Pilar: https://youtu.be/hyFOZYKve6M

Seguir lendo
A “MAXIA” DO MOVEMENTO NA PSICOMOTRICIDADE

O término “Psicomotricidade” engloba estruturas motrices, cognitivas e afectivas dos individuos, e nos nenos/as,  ten unha maior relevancia, xa que todas estas estruturas avanzan en conexión- interrelación (o neno/a vive a globalidade nos primeiros anos de vida), e o movemento será o medio que lle permitirá a incorporación de novas destrezas (en tódolos ámbitos).

Seguro que todos tivemos a experiencia, e aínda podemos comprobar, a estreita relación que existe entre a movilización corporal e as respostas emocionais: unha aperta cando sentimos angustia pode facilitar a saída do choro, facer deporte e respirar profundamente, activa o sistema endocrino provocando estados de ánimo más satisfactorios. Tamén temos a certeza de que as emocións provocan  cambios tónicos claramente perceptibles a nivel corporal: un medo intenso pode chegar a bloquearnos/paralizarnos ou a outros facelos correr como nunca o fixeran antes, a rabia e extrés continuos provocan tensións mandibulares, cervicais…

 Á relación corpo-emoción tamén se une o pensamento ou coñecemento: seguro que todos temos na memoria certa experiencia vivida que cando a activamos (ex. ese accidente ou susto enorme que pasamos) ben porque visualmente vemos algo, porque  nos toca voltar a pasar por un sitio similiar, ou alguén pasa por algo parecido, é fácil que volte a provocarnos reaccións somato/psíquicas (sudores, dolores, tensións, bloqueos, medos,…). O corpo e a emoción teñen canles de conexión ó longo de toda a vida.

Seguro que tamén todos temos experiencias nas que relacionamos a acción coa aprendizaxe, de feito sigue sendo unhas das vías para incorporar coñecementos. Facer unha práctica nada ten que ver con leer unhas instruccións de cómo realizar unha acción. Nos nenos/as o movemento é a vía ou canle privilexiada para a apendizaxe. Primeiro o neno/a móvese de xeito automático, reflexo, instintivo… pero pronto experimentará que deteminados movementos provocan reaccións no entorno: espazo, nos demais, nos obxectos… A partir deste momento podemos incoporar o término de acción, movemento que alimentará o pensamento do neno – via para  incorporar aprendizaxes, e estará nos cimentos da capacidade cognitiva.

Estas conexións: corpo – emoción – pensamento, que seguimos vivindo como adultos, nos nenos/as son máis profundas (xa que ata os 6/7 anos os nenos/as non acadan a capacidade de descentración tónico/emocional) e polo tanto o seu corpo é a canle, o medio que sirve para expresarse emocionalmente e aprender.

A psicomotricidade é a disciplina que parte destas premisas –  podemos afirmar que o acompañamento ou a intervención terapéutica dende a psicomotricidade implica unha mirada da/o profesional (psicomotricista) enfocada a:

  • O desenrlo motor do neno/a
  • O desenrolo emocional do neno/a.
  • O desenrolo do pensamento do neno/a.

Unha mirada dirixida á “expresividade motriz do neno/a” esa acción que cada neno/a desplega, que nos fala da súa historia única, das vivencias, das fortalezas e debilidades…., e que o/a psicomotricista contempla sobre todo cando o neno/a XOGA de xeito libre – espontáneo, nun espazo preparado para o xogo (sala de psicomotricidade).

Seguir lendo
FELICES FESTAS

O EQUIPO DE MEDRANDO XUNTOS DESÉXAVOS FELICES FESTAS

A piques de rematar este ano, un ano que nos sorprendeu e tivemos que familiarizarnos con novas e inquietantes situacións: de cuarentena, alertas e peches perimetrais, contactos a través das pantallas, distanciamento social, escrupulosas medidas de seguridade, novos accesorios como as máscaras e os hidroxeles que nos acompañan a todas partes….

Un ano de medos e inseguridades, no que foi esencial asumir a responsabilidade de coidarnos e coidar ós que nos rodean. No que o sorriso moitas veces non se pode ver – pero sabemos que está aí, que as apertas e bicos non se poden dar – pero quedarán gardadas para o momento máis oportuno, non poderemos tomar un bombón xuntos – pero si saborear o pracer de vernos e seguir adiante.

Un ano no que todos nos tivemos que re-inventar.

Con todo o vivido damos a benvida ó 2021 e desexamos seguir formando parte da vosa vida, e xuntos, seguir superando retos que nos irán construíndo como persoas.

O que pediremos este novo ano está moi claro: que podamos desfrutar na totalidade das risas (a través de todos os sentidos), que sexa posible falar ben alto, cantar ou berrar; bailar xuntos, xogar sen estar pendentes das distancias, que podamos desfrutar do contacto e proximidade que nos apeteza, das apertas e mimos,  xogar e convidar a quen queiramos ó xogo. Un ano no que espantemos os medos vividos e así gañar en seguridade e forza.

Con todo o afecto do equipo de Medrando Xuntos: FELICES FESTAS E BENVIDO O 2021.

Seguir lendo
ENTREVISTA DE MARTA PRIETO A ALVARO BEÑARAN

Marta Prieto psicomotricista e integrante do equipo da Escola de Formación do CEFOPP Madrid, entrevista a Alvaro Beñarán, psicomotricista, membro do equipo de formación da Universidade de Bergara (País Vasco) e actual presidente da ASEFOP (Asociación Europea de Escolas de Formación de Práctica Psicomotriz)

Os que coñecemos a Alvaro e tivemos a oportunidade de escoitalo en algunhas das súas ponencias, en certa medida quedamos enganchados a él, como lle expresa Marta, integrámonos no seu club de fans. Un discurso que sempre nos sorprende e reconforta, que nos anima e clarifica, tamén é divertido pois vémonos en anécdotas ou comentarios que xurden espontáneamente para aclarar aspectos teóricos e que enriquecen a presentación.

Con frases sinxelas pero cunha gran profundidade:

” Podemos estar bien solos, sólo cuando uno estuvo acompañado, cuando el otro está en nosotros” .

Ábrenos á comprensión do neno.

Un regalo de entrevista que merece a pena escoitar e disfrutar: https://www.instagram.com/tv/CHgHqY3KXnb/?igshid=1f7v93i16srdg

Lembrar que Álvaro estará de novo, con todos os que o desexen, o próximo venres día 20, ás 19.00h participando nas VII Xornadas de Práctica Psicomotriz coa ponencia “Los lobos y los virus se matan jugando”.

Seguir lendo
VII XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: 20 e 21 de Novembro

Organizadas polo CEFOPP, e baixo o título “¿Qué están viviendo los niños y niñas hoy?” convócannos e provócannos para asistir a estas xornadas – cunha cuestión que seguro está no pensamento de todas/os as que traballamos con nenas e nenos.

Ante esta realidade que nos toca vivir, da que ninguén podemos fuxir nin ignorar, caracterizada por: cambios de rutinas e hábitos, medos diversos, incertidume, enfermidades, morte e angustia….. Cómo é o mellor xeito de acompañar e axudar?. Cómo nos aseguramos as/os profesionais para ser unha anclaxe sólida para os nenos/as?.

Nós, as psicomotricistas, tamén nos vemos afectadas, e precisamos tempo e ferramentas de axuda e autoaxuda ás que botar man. Xuntos, sen lugar a dúbidas, poderemos afondar nestas realidades: externas e internas, de fóra e dentro, da pandemia e do corpo. Tamén atoparemos camiños que nos permitan visualizar recursos que, dende as nosas salas de psicomotricidade, poderemos empregar con seguridade e eficacia.

Para toda a información das xornada picar no enlace: http://www.jornadascefopp.com/

Que gañas!!!

Seguir lendo
RETOMAMOS O TRABALLO TERAPÉUTICO NO CONCELLO DE NEGREIRA

Un ano máis, o centro Medrando Xuntos, renova a colaboración co Concello de Negreira. Nesta ocasión, debido o COVID, só se traballará a nivel terapéutico prestando os seguintes servizos:

  • Reeducación Pedagóxica.
  • Estimulación Cognitiva.
  • Estimulación da Comunicación e Linguaxe.
  • Terapia Psicomotriz.

Ó longo desta primeira semana de Novembro estamos establecendo os contactos coas familias dos novos usuarios, adecuando o espazo, preparando materiais, e ultimando todos os detalles para arrancar xa, para a vindeira semana, coas terapias cos nenos/as.

Seguir lendo
ENTREVITA A MARY ANGELES CREMADES

Compartimos o enlace onde podemos escoitar a entrevista que Nuria Martínez Sanchez (psicomotricista) realiza a Mary Angeles Cremades. Aborda o tema da formación do/a psicomotricista. Cunha linguaxe clara e precisa fálanos de temas complexos coa sinxeleza que caracteriza @s profesionais con gran vagaxe.

Mary Angeles explícanos que @ psicomotricista, es@ profesional que no estado español desempeña unha profesión que aínda non ten recoñecemento oficial, é o “gran especialista na infancia”. Profesional que entrena unha mirada que lle permitirá ver ó neno mais alá da sintomatoloxía que presente.

Tamén falan das próximas xornadas de formación, que o equipo do CEFFOP (centro de formación e práctica psicomotriz Aucouturier en Madrid) xunto con Álbaro Beñarán teñen preparadas para o 20 e 21 do mes de Novembro. O equipo do CEFFOP compartirá reflexións moi actuais relacionadas coa situación que nos toca vivir, Álvaro abordará o tema da Práctica Educativa, e como remate unha ponencia máis clínica a cargo de Mary Angeles sobre os “Vínculos e Duelos”.

Sempre é un pracer escoitar a Mary Angeles e grazas ó CEFFOP por esos momentos e alimento que nos ofrecen a través da formación. Seguir no camiño que nos marca a psicomotricidade é máis doado grazas a estes espazos de reflexión.

Enlace á entrevista: https://www.facebook.com/CEFOPP/videos/706625253563957/

Seguir lendo
XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLO CEFFOP

O 24 de Outubre, e baixo o título: “La psicomotricidad en tiempos de incertidumbre: el miedo vivido, jugado y representado” convócannos dende o CEFFOP Madrid, a esta interesante xornada.

Dirxida por Marta Prieto, Silvia Giao e Eva Torres, psicomotricistas cunha longa traxectoria profesional e referentes para todos/as as profesionais que nos formamos nesta escola.

Na convocatoria coméntannos: ” Desde Cefopp queremos estar presentes en este momento y para ello vamos a ir proponiendo diferentes encuentros formativos de los cuales os iremos informando. Volver a la teoría, reflexionar sobre ella y compartir experiencias, nos puede ayudar a encontrar herramientas para nosotros a nivel personal , y también como maestros o psicomotricistas  para  poder acompañar a los niños y a las niñas en nuestro día a día, tanto en el aula como en la sala de psicomotricidad”. 

PROMETE!!!!

Seguir lendo
ABRIMOS AS SALAS DE PSICOMOTRICIDADE DOS COLEXIOS??

Dende o Centro Medrando Xuntos este ano tivemos que tomar unha difícil decisión , sobre todo a nivel emocional, non ofertar o traballo de Psicomotricidade Educativa Preventiva que tódolos anos faciamos nas salas de psicomotricidade de varios centros educativos.

Nos grupos organizados xuntabamos nenos/as de moitas aulas diferentes, e nalgunha ocasión de centros escolares distintos – razón fundamental que impide o traballo este ano – xa que a recomendación sanitaria é traballar en grupo burbulla.

Pero é viable o traballo na sala de psicomotricidade cos grupos clase??? Cómo e que medidas son as recomendadas para podelos facer con garantías sanitarias e psicolóxicas??? Que temas temos que contemplar para favorecer o benestar dos nenos/as??? Compartimos o enlace da escola de Psicomotricidade Luzaro, do País Vasco – Bilbao, co documento que recolle reflexións e recomendacións que nos resultan interesantes podendo ser de axuda para os/as psicomotricistas.

Enlace á información da escola de psicomotricidade Luzaro: https://luzaro.net/es/es-covid-19-abrimos-las-salas-de-psicomotricidad-en-las-escuelas/

Seguir lendo