Medrando Xuntos

«VI XORNADAS DE PRÁCTICAS PSICOMOTRIZ»
Itos Lorenzo e Mº Ángeles Cremades 
Intenso fin de semana o 18, 19 e 20 de Novembro. Cheo de emocións, reflexións, encontros con outros profesionais cos que, ainda que nos separen  longas distancias, e diferentes proxectos, sentimos que compartimos camiños nos que perseguimos metas similares e tamén que nos enfrentamos a parecidos retos.
Foi un pracer escoitar reflexións de grandes profesionais que cada día entran na sala de psicomotricidade conscientes da seriedade de todo o que se XOGA dentro das mesmas.
Das mans de Alvaro Beñarán e Iolanda Vives fixemos un percorrido da etapa madurativa de 0 a 3 anos (Alvaro) e de 3 a 6 (Iolanda). Analizamos a multiplicidade de factores que interfieren para que o neno avance ata a adquisición da súa identidade, con mención especial á importancia de ofertar relacións de calidade. Discursos impregnados da sabiduría que aporta a experiencia, onde non faltaron tamén as risas por anécdotas vividas na sala (que moitas veces resultan moi esclarecedoras).

Mirtha Chokler falou do xogo (que o define como unha función vital, tan vital como a respiración). Insistiu no seu discurso na importancia que ten adaptarnos ó momento madurativo do neno/a que temos diante, tendo moi claro cales son as competencias coas que conta: “anticipar aprendizaxes e anticipar fracasos”. Aportou unha visión crítica sobre moitos dos xoguetes que se lle ofertan ós bebés, ós nenos, do pouco pertinentes que resultan bloquenando e entorpecendo a capacidade exploratoria e de investigación que o neno/a leva a cabo dun xeito expontáneo.
Pola esquerda: Eva Torres, Mirtha Chokler,
Itos Lorenzo e Marta Prieto.
Juan Pundik adentrounos en temas tan polémicos como os intereses económicos que se esconden detrás do sobrediagnóstico, e falso diagnóstico, do TDH. Criticou o uso de certos fármacos que se empregan para nenos que non está suficientemente probados. 
E para rematar, Mary Angeles Cremades profundizou na aportación da terapia psicomotriz como medio de axuda a moitos nenos/as que, no seu proceso madurativo non acadaron a axustada consciencia de sí mesmos. A escasa idenditidade adquirida dificúltalle o avance na súa maduración. Analizamos a variada sintomatoloxía que pode xurdir: problemas pedagóxicos, agresividade, pasividade, excesiva pulsión…


Medrando Xuntos aportou un poster nestas xornadas. Dentro das sesións de psicomotricidade educativa preventiva o neno/a conta con numerosas ferramentas que lle axudarán nestes complexos procesos madurativos. 
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ASINA CONVENIO DE COLABORACIÓN COA USC
No pasado mes de Outubro, Medrando Xuntos asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), para a realización do Prácticum do alumnado pertencente ao Grao en Psicoloxía.
Será un alumno/a do Máster Universitario en Psicoloxía Educativa: Desenrolo e Aprendizaxe P2181Vol-2016/17, que a partir do mes de Xaneiro accederá ás prácticas no noso centro.
Dentro do ámbito educativo e psicolóxico, profundizar e entender as conexións entre os desenrolos motores, afectivos e cognitivos é clave para poder comprender aos nenos/as, acompañalos e apoialos no seu proceso madurativo.
Seguir lendo
Celébranse en Madrid as «VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ»

Nas datas 18, 19 e 20 de Novembro celébraranse en Madrid as VI XORNADAS DE PRÁCTICA PSICOMOTRÍZ, oganizadas por CEFOPP (Centro de Formación de Práctica Psicomotriz).

Baixo o título SER O NO SER, entraremos en reflexión e debate sobre un tema ESENCIAL no desenrolo madurativo dos nenos/as na infancia: a adquisición da IDENTIDADE, base na que se construirá a personalidade. Pensamos que é unha boa oportunidade para escoitar a profesionais con longa experiencia e coñecemento no campo da infancia, e así contemplar diferentes ópticas que nos axuden e animen no traballo diario. Cada vez no ámbito da eduación, aparecen máis dificultades, moitas con esta problemática de base.

Medrando Xuntos colaborará coa aportación dun poster informativo sobre a temática. A nosa participación foi solicitada en base a dilatada experiencia da entidade no apoio madurativo dos nenos/as a través da Psicomotricidade Educativa Preventiva.

Para máis información:

Seguir lendo
ENTREVISTA A ITOS LORENZO POLO CENTRO DE FORMACIÓN DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ (CEFOPP)

O Centro de Formación de Práctica Psicomotriz (CEFOPP) renovou a súa páxina web. No novo formato inclúese un apartado adicado a antiguos alumnos do centro, que despois de pasar pola formación seguen unha traxectoria profesional na que a psicomotricidade esta presente no seu día a día. 
itos03CEFOPP é o referente de Formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier en Madrid e é miembro da Asociación Europea de Escuelas de Formación en Práctica Psicomotriz (Asefop), fundada por Bernard Aucouturier en 1987 co obxetivo de estudar, desenvolver e armonizar a formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier.

A primeira entrevista realizáronlla a Milagros Lorenzo, Itos, como coloquialmente e cariñosamente a coñecemos todos, responsable do centro Medrando Xuntos. 

Queremos destacar a importancia de compartir este tipo de experiencias por aportar novos puntos de vista profesionais de como poder abordar o traballo cos nenos e nenas e como estas tamén poden ser experiencias enriquecedoras para o resto de profesionais que deciden comezar a formarse nesta metodoloxía.

A continuación adxuntamos o enlace da entrevista e agradecemos a CEFOPP o recoñecemento e afecto que nos transmiten.


http://cefopp.com/nulla-vitae-elit-libero-a-pharetra-auge/

Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ASUME UN ANO MÁIS A REALIZACIÓN DO PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA QUE OFERTA O CONCELLO DE AMES A TRAVÉS DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA NENOS/AS DE 3 A 6 ANOS
Neste curso escolar 2016/17 contamos con 121 nenos/as matriculados.
O programa comezou a última semán de Setembro con reunións informativas para pais /nais de usuarios do servizo.
Con ánimo e enerxía empezamos este novo curso, onde xa nos sentimos moi a gusto. Contamos con un número  importante de familias sensibilizadas e coñecedoras dos aportes da psicomotricidade vivenciada relacional para os nenos/as. As conexións e comunicación cos equipos educativos dos centro escolares onde traballamos xa están en marcha, e sentímonos satisfeitas de colaborar con un Concello sensible a esta gran tarefa de PREVENCIÓN PRIMARIA.

Nota informativa do concello de Ames: 

Seguir lendo
NOVA PARTICIPACIÓN DE MEDRANDO XUNTOS NO CURSO CELEBRADO EN BILBAO SOBRE O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
Medrando Xuntos participou no curso celebrado en Bilbao (organizado pola PEIP EIP escola de práctica psicomotriz) o pasado 24 e 25 de Septembro sobre O GRUPO DE AXUDA NA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ
A ponente Lorella Moratto ten unha longa traxectoria no traballo coa práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier tanto no ámbito educativo preventivo como nos grupos de axuda e terapia. Tamén participa na formación de profesionais psicomotricistas.

Afondamos en temas como:
  • A importancia de pensar nas posibilidades que favorecen a evolución dos nenos/as buscando que cada un contacte  co seu propio potencial.
  • O valor do xogo, da acción e relación como claves dentro do noso traballo.
  • O respeto polo neno, pola súa orixinalidade, a escoita activa como bases da psicomotricidade vivenciada.
  • A importancia da reaseguración profunda no desenrolo emocional do neno/a.
  • As orixenes da capacidade simbólica e a transcendencia que ten o  longo de todo proceso madurativo….
Seguir lendo
MEDRANDO XUNTOS ESTABLECE RELACIÓN LABORAL COA ASOCIACIÓN DOWN COMPOSTELA.

Na posta en marcha deste novo curso 2016/17 Medrando Xuntos ten o pracer de iniciar relación laboral co centro Down Compostela asumindo a realización de tres grupos semanais de axuda psicomotriz. 

Comenzamos este novo reto con ilusión e alegría. Agradecemos a confianza, dispoñibilidade, e acollida recibida tanto por parte dos profesionais da Asociación como das familias dos ususarios dos grupos. Así mesmo valoramos  estar en contacto con outros equipos de profesionais que enriquezan a nosa experiecia. Favorecer e potenciar o traballo corporal e vivencial é unha tarefa imprescindible para o desenrolo das capacidades persoais, e a Psicomotricidade Vivenciada Realcional a ferramenta válida para podelo facer.
Seguir lendo
ENCONTRO DE CENTROS E SERVICIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Medrando Xuntos participou este 10 de Setembro no Encontro de Centros e Servicios de Atención Temperá organizado pola AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá). Unha interesante xornada onde poidemos reflexinar e compartir sobre as necesidades e enfoque de traballo de equipos das unidades de atención temperá de diferentes comunidades: Asturias, Cataluña, Madrid e Galicia. 

No encontro tamén se fixo a presentación do libro elaborado polas UDIAF: servicios comunitarios de Atención Temperá, e que recentemente fimaron un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia: data 8 de Abril de 2015. 
Adxuntamos enlace ao documento:
A xornada rematou cun xantar onde tivemos a oportunidade de compartir entre os asistentes: inquedanzas, experiencias, metas….
Dende Medrando Xuntos agradecemos estas xornadas e dispoñer deste tempo e espazos para a reflexión e diálogo.
Seguir lendo
COMEZA O «PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIAVA» PARA NENOS DE 2/3 ANOS
O próximo mércores día 7 de Setembro ponse en marcha o «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva» que organiza o centro Medrando Xuntos para nenos /as de 2/3 anos. Realizarase nas instalacións da sala de psicomotricidade do colexio público de Maía (Bertamiráns), no horario de 17,20h a 18,10h. 
Para máis información consultar folleto informativo sobre a actividade (obxectivos, aportes do traballo, estructuración sesión…. ) e cartel informativo.


https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguLS1tbk4zVWxIcGs/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B0giL1FMUyguX0lCSjNMM1R1dDQ/view?usp=sharing

Seguir lendo
TRIATLON SOLIDARIO EN NEGREIRA A FAVOR DA ASOCIACIÓN DE ENFERMIDADES RARAS (FEDER)
A nosa NORABOA ó Concello de Negreira por implicarse nesta iniciativa.
ÁNIMO!!! Apuntádevos!!!. Vivamos a “aventura”. Seguro que poderemos disfrutar da xornada ainda que non estemos en “forma” para o exercIcio.
A nosa ADMIRACIÓN ás familias que día a día se enfrentan a duras probas soportando esperas de resultados que lles aporten infomación ou nome ós diagnosticos de seus fillos/as.
Dende MEDRANDO XUNTOS S.C.P. coñecemos estas loitas, tanto por parte das familias como dos afectados/as. Historias cheas de emoción, esforzó, superación, incertidume, rabia, impotencia, alegría, sorpresas…. O seu exemplo anímanos ós profesionasi a esforzarnos, si cabe, cada día un pouco máis, invítannos a seguir formándonos e sacar o mellor de nós.
MOITAS GRAZAS!!! A seguir con forza sin esquecer disfrutar das pequenas e grandes metas do día a día.
Para mais información:

https://www.facebook.com/I-Triatl%C3%B3n-popular-solidario-de-Negreira-856323861157802/?fref=nf

Seguir lendo