Medrando Xuntos

30 ANIVERSARIO DO CEFOPP

O sábado día 26 de Maio, o centro de Estudios e Formación de Práctica Psicomotriz «Bernard Aucouturier» está de celebración:  30 ANIVERSARIO. Parabéns!!! Dende o centro Medrando Xuntos sabemos que tamén forman parte da nosa creación, das nosas orixes, e polo tanto da nosa historia.
Con tal motivo organizaron unha conferencia que impartirá Mary Angeles Cremades  (directora do centro), baixo o título de «El rol del adulto en la Sala de Psicomotricidad». Seguro que nos ofrecerá interesantes aportacións.

Posteriormente terá lugar un segundo acto titulado «Y la Práctica Psicomotriz entró en mi vida». Diferentes profesionais estamos convocados para participar, aportando a experiencia que vivimos ou estamos a vivir dende o ámbito da psicomotricidade. Itos, dándolle voz ó centro Medrando Xuntos, compartirá cos  asistentes vivencias que forman parten da súa práctica psicomotriz.

Será un pracer asistir, participar, encontrarnos e reencontrarnos con mestras/es, compañeiras/os e aproveitar para seguir reflexionando e enriquecéndonos a través da psicomotricidade.

Pódese ampliar a información no enlace: http://cefopp.com/jornada-aniversario-26-de-mayo-de-2018-2/
Seguir lendo
EN MARCHA O PROGRAMA DE APOIO TERAPÉUTICO EN NEGREIRA

Xa en marcha o «Programa de Apoio Terapéutico» que realiza o centro Medrando Xuntos en Negreira. Arrancamos o traballo atendendo a sete nenos/as de idades comprendidas entre os 22 meses e 9 anos.
As terapias realízanse nas instalacións que ten o Concello para «Servizos Terapéuticos» ou, para os máis pequenos, nas instalacións da Escola Infantil Municipal.
Nestes momentos iniciais é fundamental unha mirada e escoita atentas que nos permitirán ir descifrando o que os nenos/as nos comunican: co seu corpo, coa mirada, co tono, coa xestualidade e expresividade, a través da súa comunicación (silencio, palabras), co movemento ou quietude, co xogo ou pasividade, coa emoción…. Tamén é preciso un axuste ó neno que nos permitirá xerar os lazos – a relación a través da que podamos entrar no seu mundo e axudalo. Momentos tamén de descubrinos, de marcar os límites e as normas, de marcar rituais e tempos… Todo posibilitará o ENCUADRE do traballo. 
É o comezo dunha historia de relación, de axuda, na que o neno será o que vai marcando o camiño.
Seguir lendo
NOVO LIBRO DE BERNARD AUCOUTURIER

Próximamente sairá á venta un novo libro de Bernard Aucouturier cun título que nos remite á gran importancia da acción espontánea dos nenos/as: «Actuar, jugar, pensar». Aucouturier profundiza na estreita correlación existente entre o xogo, tal como el o concibe (un xogo libre) e o desenrolo do pensamento, así como a construción da identidade. Xa esperamos emocionadas poder mercar un exemplar.

O adianto dalgunhas reflexións sobre o libro fíxoas en Bilbao esta fin de semana pasada, 10 e 11 de Marzo. O próximo 7 de Abril estará en  Madrid, no acto organizado pola Escola Infantil Violeta en colaboración coa editorial Grao e a «Universidade Rey Juan Carlos».
Para os que facemos a PPA (Práctica Psicomotriz Acouturier) sempre é enriquecedor e ademais un gran pracer escoitar ó mestre e fundador deste enfoque.
Seguir lendo
AMPLIACIÓN DA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE NEGREIRA

Este próximo martes, 13 de Marzo, comezaremos unha nova andadura confiada ó centro por parte do Concello de Negreira con quen xa vimos colaborando dende fai tres anos a través do «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva».

Este novo proxecto vai dirixido a dar apoio a nenos/as con necesidades especiais.
Ó longo deste mes de Marzo está previsto que dende o Concello se deriven as familias con nenos susceptibles da axuda. Establecerase un primeiro contacto para elaborar a anamnesis e logo empezar a valoración dos nenos para identificar cal é o apoio que estimamos oportuno. Diseñarase un plan personalizado para cada usuario.
Este traballo levarase adiante en instalacións propias do Concello. Sen lugar a dúbidas unha boa nova para as familias.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/03/10/negreira-activa-iniciativa-apoyo-ninos-necesidades-especiales/0003_201803S10C7992.htm

Seguir lendo
SEMINARIO DE BERNARD AUCOUTURIER
Nas próximas datas, 10 e 11 de Marzo do 2018 Bernard Aucouturier estará en Bilbao na cita a que ven acudindo estes ùltimos anos na ESCOLA DE PEIP EIP DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ. Convocatoria na que se abordarán aspectos teóricos e prácticos do traballo na sala de psicomotricidade.
Interesante xornada para escoitar o creador desta práctica e seguro que tamén é unha estupenda oportunidade para compartir e enriquecerse das experiencias e vivencias doutras /os psicomotricistas no seu traballo  no día a día.
Seguir lendo
ARTIGO INTERESANTE DE VICENC ARNAIZ
Vicenc Arnaiz, psicólogo, director do servicio de Atención Temperá de Menorca, colaborador coa escola de formación de psicomotricidade na preparación de futuros psicomotricistas (CEFFOP), un referente no mundo da infancia e da educación  . Neste artigo fai unha clarísima e sinxela explicación  na que mostra o camiño que permite os nenos/as  formar a súa IDENTIDADE, a integración do YO. A aceptación dos límites é unha condición necesaria para acadar tal obxectivo.

Pincha para enlace con PDF artigo: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBWdAD-TuiE6PdCY

Seguir lendo
SEMINARIO DE FORMACIÓN: PRÁCTICA PSICOMOTRIZ TERAPEUTICA

Interesante convocatoria para acercarse a Bilbao e profundizar sobre aspectos relacionados coa práctica psicomotriz terapéutica.

Seguir lendo
«TOCA PSICO» ESCOLA MUNICIPAL NEGREIRA
SESIÓN –  CURSO 2017

Por terceiro ano comenzamos a colaboración entre o centro Medrando Xuntos e o Concello de Negreira para a realización das sesións de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» cos nenos/as do último curso (2/3 anos). 
Este é un modelo de intervención non directivo (xerado polo profesor Bernard Aucouturier), onde se parte das potencialidades dos nenos e dende unha dinámica de xogo, nun espazo preparado e organizado favorecese a actividade expontánea de cada un.
Resaltamos a importancia das aprendizaxes que se adquiren nesta etapa, xa que son a base sobre a que se construirá a persoa, e do papel esencial que xoga o movemento, a acción e o corpo do neno. Asimesmo o placer e disfrute é outro ingredinte esencial para o desenrolo madurativo e para a adquisición da identidade e dunha autoestima capaz.
Marcámonos como reto: «atender e acompañar os nenos/as para que se convirtan e  axentes activos na adquisción dos coñecementos tando do mundo que os rodea como de sí mesmos.
Estes son algúns dos pilares da PSICOMOTRICIDADE.
FOLLETO INFORMATIVO DA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBShtSxWRdFYN_Hg
Seguir lendo
A LOITA DUNHA FAMILIA POR UNHA NORMATIVA INXUSTA
Este xoves día 28 sale en diferentes medios de comunicación a noticia sobre os recursos e reclamacións que os pais de Julia, Andrés e Ines, levan facendo estes anos. Aqueles que temos a oportunidade de coñecelos e acompañalos sentimos moitas cousas.
A Julia, coñecémola dende que tiña 21 meses. Os avances do desenrolo madurativo da nena, tal como describen seus pais foron lentos, costosos, cada logro vivido con gran ilusión e certa amargura pois  á nena costáballe manter aquelas destrezas que iba incorporando. Esta realidade foi e sigue sendo así, Julia avanza pero o ritmo e lento, a súa maduración dista moito da idade cronolóxica que ten e precisando moito traballo para acadar os seus logros.
Con Andrés e Ines, dende que os coñecemos fumos testigos de como se foron cuestionando, organizando e replanteandoa a súa vida. Precisaron establecer prioridades xa que Julia necesita moito tempo e apoio. Foi unha dura travesía de probas e espera de resultados ata que se lle diu un nome a súa problemática. Foron e son duras travesías diarias de terapias e tratamientos con especialistas. E resulta indignante que… primeiro por non ter un diagnóstico, agora porque a alteración cromosómica que ten a nena non está nun listado, non podan optar a unha prestación que está ahí para familias con fillos enfermos. Isto non entra na lóxica, nin e xusto. 
Animo a todas as familias que loitades porque as leis, e a sociedade comprenda e se poña na pel dos nenos/as con dificultades e no das súas familias.
Para máis máis información pinchar nos enlaces:

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10156001452255758&id=350393845757

Seguir lendo
REVISTA DE PSICOMOTRICIDAD NOVIEMBRE 2017
MONOGRÁFICO ADICADO Á FORMACIÓN PERSOAL: elemento esencial na preparación das/os psicomotricistas.

«A partir de la formación personal podemos ayudar a las personas a ponerse en relación»
(Bernard Aucouturier»)

Cando traballamos no campo da psicomotricidade xeralmente xa temos unha gran motivación interna que nos impulsa a facer formación persoal, a buscar espazos grupais onde poder compartir cos outros momentos de xogo e relación que nos contacten coa nosa propia historia. Por qué?? É dificil de explicar que impulso nos leva a invertir horas de descando, vacacións e fins de semán en cursos (ás veces pasando horas e horas en longas viaxes). Os motivos van máis alá das razóns teóricas. Os aportes sentímolos, saboreámolos e vivímolos  con intensidade cando voltamos ó día a día, cando nos reencontrarnos cos nenos/as no traballo, ó percebir as sensacións que dende unha clave moi corporal, axúdannos a dar respostas ás demandas que xurden na sala.
Mirarse cada un de nos é imprescindible para mirar ó outro, e no intercambio da sala de psicomotricidade é un requesito esencial.
A formación persoal nútrenos, aportanos ferramentas e claves que serán os medios esenciais que as psicomotricistas empregamos no traballo diario. Ferramentas que  están integradas na persona e que nos aportan a tecnicidade e actitudes para poder axudar.
Quen desexe adentrarse no tema convidámolo a ler os interesantes artigos escritos nesta revista de spicomotricidade. 
Para descargala pinchar no enlace:
https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kAt1pwiEuvLppTLm


Agora en Xaneiro comenzan novos cursos de FORMACIÓN DE PSICOMOTRICIDADE. Para maior información consultar calendarios e ofertas nas ESCOLAS DE PSICOMOTRICIDADE:

CEFFOP: Centro de Formación de Práctica Psicomotriz Bernard Aucouturier. Madrid.
http://cefopp.com/

PEIP EIP BILBAO. Escuela de Psicomotricidad de Práctica Psicomotriz: 
http://www.escvpsicomotricidad.com/

ESCUELA DE PSICOMOTRICIDAD DE BERGARA. BILBAO:
http://www2.uned.es/ca-bergara/PSICOMO/Escuela.htm

Seguir lendo