Medrando Xuntos

Día da Atención Temperá

O vindeiro 15 DE ABRIL estamos convidados todos/as  aqueles que vivimos, traballamos, ou nos une algún interés polos nenos/as na infancia (ben como profesionais, pais, ou interesados) ó acto que se realizará na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Dita convocatoria parte da directiva da AGAT (Asociacion Galega de Atención Temperá), da que podemos decir  que é a  plataforma referente para moitos profesionais que traballamos na infancia. Defensora dos dereitos da infancia e da oferta de recursos de  calidade. Tamén da mellora de  oferta de recursos para os nenos/as e familias con necesidades. Cunha demostrada e ampla traxectoria de loita pola Atención Temperá na nosa terra.
A AGAT, en colaboración coa Fundación Paideia e a Universidade da Coruña, temos que agradecer a posta en marcha do Máster de Atención Temperá que se está realizando neste ano (primeira convocatoria) na Coruña. Detrás deste proxecto  hai moitos profesionais implicados, horas de traballo, reunións e  inversión de tempo, pero sin lugar a dúbidas compensa. A formación é a ferramenta esencial para  axudar ós profesionais  a manter a ilusión e desexo de seguir avanzando, compartindo vivencias e experiencias con outros compañeiros/as, enriquecéndose de novos enfoques, así como ampliando coñecementos, e a perspectiva da mirada que nos levará a facer un apoio máis axustado ós nenos/as que acudan ós nosos servizos.
O centro Medrando Xuntos tamén aportou o seu esforzo  neste máster realizando a xornada de formación deste sábado día 6 de Abril: Técnicas de Intervención e cultura de crianza de 3 a 6 anos.
 
Graciñas á AGAT.
 
Verémonos o 15 de Abril, seguro que disfrutaremos do encontro.
Seguir lendo
O Corpo do neno frente os xogos de pantaia
Baixo o título “El cuerpo del niño/a frente a los juegos de pantalla. El juego y la función corporizante del adulto” Daniel Camels – escritor e psicomotricista arxentino – introdúcenos nunha reflexión sobre o papel e importancia que ten o xogo e a interacción do adulto na construcción do corpo.
 
Fálanos da vida orgánica dos sentidos, ex. a vista,  si ese órgano non se constrúe na relación, na interacción co outro (si non foi mirado) decae a súa capacidade visual: non é que o ollo mira porque ve, o ollo ve porque mira  e para elo é imprescindible a pesencia doutro para ser mirado e mirar.
Explica como a través dos coidados e atencións dadas ós nenos/as na satisfacción das súas necesidades (aseo, alimentación, sostén…) prodúcese unha interacción corporal (Daniel fálanos dos xogos de crianza – título dunha das súas obras)  a través de accións e intercambios,  que favorecen a construcción corporal cunhas pecualiaridades que vinculan o neno a outros; primeiro nun entorno familiar e logo nun entorno social.
Profundiza nas características das pantallas: luz, brillo e velocidade – continuidade, estímulos de gran potencia que atrapan a atención dos nenos/as: o neno nestos dispositivos ve pero non mira, oe pero non escoita, as praxias que realiza son tan elementais que non favorecen a integración que se dá noutros movementos de interacción con obxectos ou co adulto…. Por outro lado, o tipo de xogos que se realizan sin posibilidade de xogalos corporalmente non favorecen os procesos de descentración e canalización das emocións.

Enlace co artigo:  http://letraurbana.com/articulos/el-cuerpo-del-nino-a-frente-a-los-juegos-de-pantalla-el-juego-y-la-funcion-corporizante-del-adulto/?fbclid=IwAR2gWrdxJNBVS3Gbs3g-lizttbOjDOOqPfHfUlyhLBUCd7a5zz04zvPJQBA

Seguir lendo
No desenrolo do neno: Antes non é mellor

Respetar os procesos madurativos dos nenos/as non sempre é unha prioridade para os adultos que están o seu lado e os que están encargados do seu coidado. Parece que sempre hai certa presa para que o neno avance, e si non sucede, pois se lle axuda a facelo…. Isto moitas veces arrastra consecuencias nada desexadas. 

 
O uso de certos “artiluxios” para a comodidade e benestar do neno tamén son moi cuestionables, xa que é evidente que entorpecen o seu avance natural, e dificultan que  chegue a acadar certas destrezas que de non usalos sería máis factible incorporar.
É importante confiar na sabiduría dos nenos/as, nas súas pontencialidades e darlle a oportunidade de vivir cada etapa con seguridade, placer e confianza xa que ésta será a base da seguinte e así sucesivamente.
Disfrutemos e acompañemos o neno dende o momento no que se atopa, deixemos que el conquiste cuotas cada vez máis elevadas de autonomía, de responsabilidade, sendo estes requisitos necesarios para un crecemento sano, e saudable.
Seguir lendo
Espazos de reflexión e intercambio
A ESCOLA e a FAMILIA son os espazos por excelencia de aprendizaxe, convivencia, de incorporación de valores, de construcción da autoestima e identidade… son determinantes no desenvolvemento dos nenos/as.
Medrando Xuntos, a través do CEFORE (centro de formación e recursos do profesorado) impartirá próximamente as seguintes charlas formativas/ informativas a familias:
  • 12/02/2019 CEIP CABANAS: “O xogo e o movemento, medios que favorecen a construcción do neno/a na infancia”.
  • 19/02/2019 CRA MEIS: “Ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento do neno/a”
Cartel do Colexio Agrupado de Meis
Un pracer colaborar, pois consideramos que estos momentos de reunión, reflexións, e compartir entre a escola e familia, fortalecen os lazos e favorecen o acercamento e coñecemento mútuo, paso necesario para que podan instalarse valores como son: respeto, confianza, proximidade, colaboración, comprensión, coherencia….
Educar en infantil,  o rol de nai/pai, que tarefa tan delicada!!! O neno/a aínda está en procesos madurativos que requiren dunha mirada e implicación do adulto dende a proximidade, contacto, confianza, seguridade…., e na que as vivencias e experiencias  son determinantes nos procesos de maduración e nas aprendizaxes. Por elo tanto para pais/nais como para os profesionais que traballamos nesta etapa infantil, os retos son elevados – na primeira infancia forxarase a base da estrutura persoal que nos acompañará toda a vida.
Seguir lendo
X Xornada Internacional ASEFOP de Práctica psicomotriz

Nesta ocasión a convocatoria é en Palmas de Gran Canaria, mercores día 2 de Febreiro do 2019 de 16.00h a 20.00h.

MAS INFORMACIÓN: http://www.asefop.com/es/noticias-y-eventos/

Seguir lendo
A CONSTRUCCIÓN DA IDENTIDADE
Imaxe dunha sesión de Psicomotricidade Educativa Preventiva curso 2018/19

Acadar a “Identidade”, construir unha identidade segura, é un reto nas nosas vidas, non só na etapa da primeira infancia – ata 6/7 anos. Saber quen son, é unha pregunta que ás veces é complexo respostar, e tamén pode revestir complicacións asumir as responsabilidades que conleva. 

Na primeira infancia danse moitos procesos madurativos (é na etapa onde máis cambiamos, na que o cerebro xera máis circuitos de aprendizaxe), e en función de cómo o neno os resolva poderá ou non tomar conciencia de que é, da súa existencia, e posteriormente de quen é. 

Unha das primeiras aprendizaxes que é necesaria que o neno adquira é que el é un ser separado doutro, dese outro que o alimenta, que o cuida, que o mece e acolle, que o asea, que lle fala… (é unha realidade que o neno chega a adquirir – nun desenrolo típico –  sobre os 6 meses de vida que coincide cos primeiros procesos de desenrolo da psique). Sobre os seis meses o neno descubre o seu corpo, separado do outro. Será o primeiro paso dunha elevada escada na que os descubrimentos de sí mesmo serán múltiples:
  • hai coñecidos e descoñecidos.
  • quedo só.
  • podo desplazarme empregando as extremidades
  • podo manterme de pe, camiñar, correr, saltar,…
  • podo emitir sons, protestar, queixarme, montar berrinches…
  • podo masticar e comer a comida como meus pais e meus irmáns maiores..
  • podo axudar á miña familia a facer tarefas, colaborar, participar…podo, podo….
Son numerosos os cambios que se van dando no neno/a que o capacitan e o preparan para dar saltos madurativos. 
Pero todos sabemos que abandonar aquilo que coñecemos, aquilo que nos gusta e nos reconforta é complexo, sobre todo cando aínda non coñecemos o novo co que imos contar. Penso que isto é moitas veces o motivo que leva tanto a nenos/as como a pais /nais a non avanzar no proceso madurativo, que leva a confusión. Para que o neno/a madure, medre, se vaia sentindo seguro e capaz é preciso que os adutos responsables da súa crianza se vaian separando del e deleguen nel maiores cuotas de autonomía e responsabilidade. Que CONFÍEN NO NENO, nos seus recursos, nas súas competencias, na súa fortaleza. Tamén é preciso que cando o neno empece a sentir medo ou o malestar de enfrentarse ó descoñecido lle digan: “sei que podes”. “vai”, “eu confío en ti” “estarei cando voltes” (e que como adulto conteña e soporte a inseguirdade que pode xerar deixalo irse).
Adquirir unha identidade, verse, recoñecerse, é unha tarefa complexa, para país e fillos e obriga a ambos a cambios permanentes, a novos retos, a acomodarse a novas situacións e enfrontarse a novos sentimentos…porque as posibilidades de coñecernos non se agotan…
Seguir lendo
IV XORNANDAS P.P.A. (Páctica Psicomotriz Aucouturier)

Cita interesante para Mayo en Bilbao, con motivo do cincuenta aniversario da creación da P.P.A. a escola PEIP EIP BILBAO oganiza este evento. Están convocados grandes profesionais da psicomotricidade e tamén participará  Bernard Aucouturier.

PARA MÁIS INFORMACIÓN VISITAR A WEB DA ESCOLA:

https://escvpsicomotricidad.com/

Seguir lendo
PRÓXIMAS CITAS CON BERNARD AUCOUTURIER EN BILBAO
Novas datas para poder disfrutar da experiencia e coñecementos de Bernard Aucouturier, creador da P.P.A. (Practica psicomotriz  Aucouturier), e aproveitar as  xornadas  para enriquecerse da compañía de profesionais do ámbito da psicomotricidade.
SEMINARIO DE DUDAS nas datas 6,7 de Abril do 2019 e debate sobre o seu último libro:  Actuar, Jugar, Pensar, puntos de apoyo para la Prática psicomotriz Educativa y terapéutica.
Máis información:
SEMINARIO DE FORMACIÓN TEÓRICA E PERSOAL: nas datas 15,16 e 17 de Xuño.
Máis información:
Seguir lendo
COMENZO DOS PROGRAMAS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA
Sesión Educativa curso 2017/18

Co comenzo de Outubro no Centro Medrando Xuntos poñemos en marcha os diferentes programas  de Psicomotricidade Educativa Preventiva que realizamos:

  • Na EEI Milladoiro, a través da AMPA Millapeques, dirixido a nenos/as de  4º, 5º e 6º de educación infantil (este é o segundo ano que o programa é  ofertado pola asociación de Pais e Nais, con anterioridade durante 12 anos foi ofertado polo Concello de Ames)
  • Nas instalacións da sala de psicomotricidade da Escola Infantil do CEIP MAIA ofertado polo noso centro e dirixido a nenos/as de  4º, 5º e 6º de educación infantil (anteriormente durante 12 anos ofertado polo Concello de Ames).
  • Na Escola Infantil Municipal de Negreira para nenos/as de 3º de educación infantil, sendo este o terceiro ano.
É gratificante colaborar coas entidades que nos demandan este traballo, tamén contar con nenos/as nos grupos que nós ofertamos, xa que temos a certeza de que os aportes das sesións de Psicomotricidade Educativa Preventiva son significativos. Somos copartícipes de vivencias cargadas de grandes emocións, e expectadores de avances, tanto na construcción corporal, como do desenrolo das competencias emocionais e do  pensamento. Este é o mellor agasallo que podemos recibir.
Seguir lendo
A INVESTIGACIÓN: A ESPERANZA PARA A MELLORA EN MOITAS PATOLOXIAS

O próximo domingo realizarase  un medio ironman “desafío Islas Cies” . Detrás deste gran reto para os deportistas tamén se promociona un acto solidario dirixido a recaudar fondos para adicar á investigación no instituto Ideibell de Barcelona, centro que estudia a alteración do xen GRIN,  enfermidade que está catalogada dentro das  raras, pola súa baixa prevalencia. Entre outros afectados está Julia, unha nena coa que no centro Medrando Xuntos traballamos dende fai tempo. O pai de Julia é uns dos participantes na carreira.
Queremos dar ánimos á familia, especialmente a Andrés, seguro que ten motivación dabondo para mellorar a súa marca e ademais conta coa nosa admiración. Tamén nos resulta grato que se emprendan accións como esta, que aparte de conseguir fondos, que son moi necesarios para a investigación, poden axudarnos a todos a concienciarnos e sensibilizarnos con realidades que ás veces nin imaxinamos (e que no azar está que tod@s poideramos ser Julia).
A familia de Julia ve nela a súa princesa, porque o é. Soña como calqueira familia que a nena poda acadar as maiores cuotas de autonomía, benestar, integración, coñecementos…  pero acadar moitas destas metas vai depender nunha importante medida das investigacións que se realicen – de atopar recursos que permitan minimizar as dificultades que presenta.
Dende o centro apoiamos esta iniciativa.

INFORMACIÓN A NOTA DE PRENSA:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/09/21/recaudan-fondos-apoyar-investigacion-alteracion-gen-padece-nina-julia/0003_201809S21C9992.htm

Seguir lendo