Apoio pedagóxico

Trátase dun proceso de axuda personalizado e integral que se deseña tendo en conta as características, necesidades e potencialidades de cada neno e nena.
O obxectivo radica en dotalos cunha serie de habilidades e ferramentas, que lle permitan superar as súas debilidades e avanzar en todos os contextos nos que se desenvolven (escolar, familiar e social).
Valoración Psicopedagóxica inicial
Para comezar o traballo de intervención psicopedagóxica primeiramente realízase unha valoración que consta de catro fases:
  • ENTREVISTA FAMILIARReunión coa familia coa finalidade de recompilar información acerca do desenvolvemento do infante. Valóranse ademais as preocupacións, expectativas e demandas da familia.
  • AVALIACIÓNObservase o neno/a e aplícanselle probas estandarizadas e non estandarizadas, co obxectivo de recabar información específica e directa sobre o mesmo.
  • ANÁLISE DE RESULTADOSEstúdanse os resultados obtidos e elabórase un perfil do infante destacando as súas fortalezas e debilidades.
  • DEVOLUCIÓN DE RESULTADOSNova reunión coa familia, na cal se lle presentan os resultados obtidos da avaliación e se lle explica o traballo máis axeitado a desenvolver co infante, os obxectivos e liñas de traballo personalizadas para iniciar o traballo de intervención.

1

Sesións de reeducación e apoio psicopedagóxico

Intervención psicoeducativa orientada cara a nenos e nenas en idade escolar, os cales presentan algún tipo de dificultade de aprendizaxe ou ben precisan potenciar o seu rendemento, incidindo tamén nos factores emocionais e conductuais dos mesmos.

Está intervención procura fomentar a motivación, a autoeficacia e a mellora da autoestima, así como establecer rutinas e hábitos de aprendizaxe e estudo.

 

  • Dirixido a infantes en idade escolar.
  • Traballo individualizado ou parellas.
  • Duración da sesión individual 50 minutos.
  • Duración da sesión en parellas 1 hora.

2

Sesións de estimulación cognitiva

Práctica pedagóxica que emprega un conxunto de técnicas, estratexias, metodoloxía e actividades específicas orientadas a mellorar o rendemento e a eficacia no funcionamento das capacidades cognitivas (memoria, atención, percepción, permanencia, linguaxe, funcións executivas, etc).

Pártese das capacidades e habilidades que se atopan preservadas, para promover a súa mellora e potenciación coa finalidade de alcanzar aprendizaxes significativos.

 

  • Dirixido a infantes.
  • Traballo individualizado.
  • Duración da sesión 50 minutos.