Este venres, día 30 de Xuño, as 13h. Medrando Xuntos participou no acto de entrega de certificacións acreditativas de colaboración da U.S.C. ás entidades colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Un acto no que interviron o Sr Reitor da Universidade, a Sra. Decana da Facultade de Psicoloxía e Paula Villar Vicedecana de Mobilidade e Prácticum da Facultade de Psicoloxía.
En Medrando Xuntos recibimos este ano a Sonia, alumna do grado de psicoloxía. Foi unha experiencia nova, e unha vez vivída valoramos que supuxo un enriquecemento para o equipo do centro xa que, nos fixo repensar, apalabrar, e xustificar accións no noso quefacer diario que, con frecuencia realizamos dun xeito automático. Acoller alunmos en prácticas é unha aposta do centro pola formación e un compromiso para aportar ós alumnos, xa na última etapa da carreira, competencias, valores e ilusión no desempeño da súa profesión.
Aproveitamos tamén para agradecer a Sonia o esforzo, traballo e dispoñibilidade mostrada durante esta etapa.