SEMINARIO: Entrevistas de seguimiento con familias

Na maduración dos nenos/as as familias desempeñan un papel clave, esencial e insustituible. Na sala de psicomotricidade son frecuentes os momentos nos que xogan a asumir roles familiares, así como facer representacións (dibuxos) nas que a familia ocupa un lugar importante (como aparece na imaxe desta noticia) .

A familia é:

UN PILAR sobre o que o neno se apoia.

UN CONTINENTE que o acolle.

UN ESPELLO no que se mira e que lle devolve unha mirada.

UNHA GUIA que lle marca uns valores a seguir….

A tarefa da familia non é sustituible pola de ningún profesional, por iso o seu acompañamento e axuda é esencial (maior canto máis cativo sexa o neno/a)

Axuntamos información sobre un curso no que se reflexiona sobre os contactos dos profesionais coas familias, a cargo de Begoña Ruiz, psicóloga e psicomotricista da escola internacional de psicomotricidade de Bilbao.

Para máis información consultar: https://escvpsicomotricidad.com/formacion/entrevistas-de-seguimiento-con-familias-claves/

    Write a comment