25 ANIVERSARIO DA AGAT

O día 26 de Novembro é unha data sinalada no calendario para moitos nenos/as e familias de Galicia, así como para os profesionais que traballamos no ámbito da Atención Temperá. Fai vinte e cinco anos que se colocaron os cimentos da AGAT (Asoción Galega de Atención Temperá).

É motivo de orgullo contar cunha Asociación con esta traxectoria, co desexo vivo de seguir loitando pola mellora e avance da Atención Temperá en Galicia, na que se da visibilidade ás necesidades da Atención Temperá, e da que xurden ricas propostas formativas. Estas son algunhas das razóns polas que a Asociación Galega de Atención Temperá foi e sigue sendo un apoio esencial.

Dende Medrando Xuntos agradecemos o tempo invertido a tódolos profesionais que ó longo deste anos foron ou son as cabezas visibles da Asociación. Valoramos a súa adicación e xenerosidade.

Compartimos a proposta para este día de festa:

    Write a comment