“El juego espontáneo en la escuela maternal” editado en Xullo do 2022
Neste libro Bernard Aucouturier fai un percorrido por temas relacionados coa construcción do neno/a, o valor dos primeiros coidados e a importancia do ambiente e das rutinas.
Resalta o valor do xogo como medio único que permite ò neno/a representarse, asegurarse e así afirmar a súa existencia no mundo.
Toca temas esenciais na primeira infancia como son os medos, o significado dos obxectos (en especial o obxecto transacional), e a imaxe especular.
Tamén se describe como é a organización material e temporal dunha sesión de psicomotricidade. E dun xeito moi peculiar, escointando os relatos das vivencias dos nenos/as, incide na función aseguradora de certos xogos: encher/valeirar, envolturas, esconderse, equilibrarse, saltar, perseguirse, coidados/hospitais, os agresosores (pantasmas, mounstruos, devoradores),…. .
Un libro interesante para tódolos que desexen afondar no desenrolo global dos nenos/as na primeira infancia.