Baixo o título “…arde la leña, harina y barro lo cotidiano se vuelve mágico” a “Asociación Federal de Psicomotricistas” comparte un artigo no seu blog que subtitula “REFLEXIONES EN TIEMPO DE CORONAVIRUS”
Unha invitación a poñernos en marcha, respostar á situación que estamos vivindo, e darlle o espazo e posibidades ós máis pequenos para que XOGUEN, pois é a ferramenta esencial para vencer e superar as inseguridades, medos e acontecementos que viven.
As/Os psicomotricistas diso entendemos, xogar é o medio por excelencia que empregamos para acompañar ós neno/as nas sesións tanto a nivel educativo como en terapia.
As casas poden transformarse “en momentos puntuais do día” en lugares máxicos. Con materiais que todos temos: sabas, almoadóns, caixas e telas de diferentes tamaños, taburetes que sirvan de sostén para as paredes de espazos de intimidade…, e por un tempo limitado (condición esencial) ese espazo pertécelle, e pode transformalo, viaxar nel, transportarse, ser outro ou outros…. desplegar todo o seu ser a nivel motor, congnitivo e emocional. É un espazo onde ainda que estando so se vive a compañía.
Non é preciso darlles instrucións para que xoguen, so é preciso o tempo sin interrupcións, o espazo para organizar, e materiais que se podan transformar. Tamén é convinte marcar unhas normas básicas que na sala de psicomotricidade son: respetar o material e ós demais (neste caso nese espazo que empreguen pode haber cousas que pertenzan ós adultos que eles non podan tocar), non estragar as cousas e non facerse dano.
Disfrutar da capacidade de escoitar, os relatos que tamén apunta o artigo, outro medio esencial polo que na infancia se desenrola o pensamento, a creatividade, a capacidade de identificación e descentración….. Sin imaxes (que moitas veces nos invaden), a palabra, a mirada, o tono de voz, o xesto, a expresión…. recursos corporais cos que contamos e que moitas veces non explotamos o suficiente.
Invitámosvos tamén a buscar un momento para sentarse, grandes e pequenos, e contar contos, apoiándonos nas palabras, en descripcións detalladas (como era a cara do mounstro do noso conto, a mirada dos nenos ó velo…), variando o tono de voz, os ritmos, a comunicación corporal….
Ánimo a todos e todas!!!
Compartimos o enlace co artigo da Asociación Federal de Psicomotricistas: