Co arranque do novo curso 2018/19, dende MEDRANDO XUNTOS ofertamos a proposta de traballo de “Psicomotricidade Educativa Preventiva” para nenos/as de idades comprendidas entre os 2/3 anos (terceiro ano de infantil) a 6/7 anos (primeiro ano de primaria).
Para obter información sobre os aportes deste traballo descargar o folleto informativo que aparece ó final da noticia.
Como cursos anteriores, as sesións realizaranse nas instalacións da aula de psicomotricidade da Escola Infantil de Maía – Bertamiráns. Para completar os grupos, será preciso contar cun mínimo de 10 nenos/as ata un máximo de 14 ( no grupo de 2 anos mínimo serán 8 e máximo 10).
Os HORARIOS PREVISTOS son:
MÉRCORES:
GRUPO I: de 16.10h a 17.10h para nenos/as de 3/4 anos (cuarto ano de infantil)
GRUPO II: de 17.15h a 18.15h para nenos/as de 4/5 anos (quinto ano de infantil)
GRUPO III: de 18.20h a 19.20h para nenos/as de 5/6 anos (último ano de infantil)
XOVES:
GRUPO I: de 17.30h a 18.30h para nenos/as de 6/7 anos (primeiro ano primaria)
GRUPO II: de 18.40h a 19.30h. para nenos/as de 2/3anos (terceiro ano infantil)
O mércores día 26 de Setembro, na franxa horaria de 16.30h a 17.30h e nas instalacións da sala de psicomotricidade, manteremos contacto coas familias inscritas para formalizar a matrícula coas autorizacións requeridas.
O traballo cos nenos empezará o mércores 3 de Outubro e xoves 4 de Outubro.
As persoas interesadas contactar co centro Medrando Xuntos: Itos: 677761230 ou no correo electrónico itoslorenzo@hotmail.com. A inscripción será por orde de solicitude.
DESCARGAR O FOLLETO EXPLICATIVO DO TRABALLO: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBkUFM1Wb3jyGH0C