Día da Atención Temperá

O vindeiro 15 DE ABRIL estamos convidados todos/as  aqueles que vivimos, traballamos, ou nos une algún interés polos nenos/as na infancia (ben como profesionais, pais, ou interesados) ó acto que se realizará na Praza do Toural en Santiago de Compostela

Dita convocatoria parte da directiva da AGAT (Asociacion Galega de Atención Temperá), da que podemos decir  que é a  plataforma referente para moitos profesionais que traballamos na infancia. Defensora dos dereitos da infancia e da oferta de recursos de  calidade. Tamén da mellora de  oferta de recursos para os nenos/as e familias con necesidades. Cunha demostrada e ampla traxectoria de loita pola Atención Temperá na nosa terra.
A AGAT, en colaboración coa Fundación Paideia e a Universidade da Coruña, temos que agradecer a posta en marcha do Máster de Atención Temperá que se está realizando neste ano (primeira convocatoria) na Coruña. Detrás deste proxecto  hai moitos profesionais implicados, horas de traballo, reunións e  inversión de tempo, pero sin lugar a dúbidas compensa. A formación é a ferramenta esencial para  axudar ós profesionais  a manter a ilusión e desexo de seguir avanzando, compartindo vivencias e experiencias con outros compañeiros/as, enriquecéndose de novos enfoques, así como ampliando coñecementos, e a perspectiva da mirada que nos levará a facer un apoio máis axustado ós nenos/as que acudan ós nosos servizos.
O centro Medrando Xuntos tamén aportou o seu esforzo  neste máster realizando a xornada de formación deste sábado día 6 de Abril: Técnicas de Intervención e cultura de crianza de 3 a 6 anos.
 
Graciñas á AGAT.
 
Verémonos o 15 de Abril, seguro que disfrutaremos do encontro.
    Write a comment