REUNION FIN DE CURSO DO PROGRAMA DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA

Hoxe xoves, as 16.30 da tarde, na sala de psicomotricidade da escola infantil, mantivemos a reunión de remate de curso na que estaban convocados os pais/nais dos nenos/as de MILLADOIRO usuarios do «Programa de Psicomotricidade Educativa Preventiva», do concello de Ames.

Un pracer compartir coas familias algúns dos momentos vividos na sala, a través dun reportaxe de fotografias que con afecto seleccionamos.

Xa levamos once anos desenvolvendo o programa, dirixido a nenos/as de 3 a 6/7 anos, ofertando  un espazo cheo de posibilidades de xogo, onde se poden expresar, onde  todo é posible, sempre dentro da consigna do respeto por un mesmo, polo demais e polo entorno.

Invitamosvos a disfrutar do reportaxe:

https://1drv.ms/v/s!AoBvCpOClQd1j3sA6nyE6SqZK19I

    Write a comment