Baixo un título suxerente : «¿Niñas y niños difíciles? ¿Pero de que dificultad estamos hablando? convócannos as XIII XORNADAS DE PRÁCTICAS PSICOMOTRIZ, que como anos anteriores se celebrarán en Vitoria, os días 10,11 e 12 de Novembro deste curso 2017.
Dende Medrando Xuntos animamos a todas/os profesionais que traballamos no ámbito da Psicomotricidade Vivenciada a unirse a esta convocatoria.
No centro temos o pracer de coñecer e compartir horas de reflexións, xogos, risas, paseos …,con membros do CEFOPP de Madrid e estamos desexando participar nas reflexións que nos terán preparadas.