«TOCA PSICO» ESCOLA MUNICIPAL NEGREIRA

SESIÓN –  CURSO 2017

Por terceiro ano comenzamos a colaboración entre o centro Medrando Xuntos e o Concello de Negreira para a realización das sesións de «Psicomotricidade Educativa Preventiva» cos nenos/as do último curso (2/3 anos). 
Este é un modelo de intervención non directivo (xerado polo profesor Bernard Aucouturier), onde se parte das potencialidades dos nenos e dende unha dinámica de xogo, nun espazo preparado e organizado favorecese a actividade expontánea de cada un.
Resaltamos a importancia das aprendizaxes que se adquiren nesta etapa, xa que son a base sobre a que se construirá a persoa, e do papel esencial que xoga o movemento, a acción e o corpo do neno. Asimesmo o placer e disfrute é outro ingredinte esencial para o desenrolo madurativo e para a adquisición da identidade e dunha autoestima capaz.
Marcámonos como reto: «atender e acompañar os nenos/as para que se convirtan e  axentes activos na adquisción dos coñecementos tando do mundo que os rodea como de sí mesmos.
Estes son algúns dos pilares da PSICOMOTRICIDADE.
FOLLETO INFORMATIVO DA ACTIVIDADE DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA: https://1drv.ms/b/s!AoBvCpOClQd1kBShtSxWRdFYN_Hg
    Write a comment