O sábado día 26 de Maio, o centro de Estudios e Formación de Práctica Psicomotriz «Bernard Aucouturier» está de celebración: 30 ANIVERSARIO. Parabéns!!! Dende o centro Medrando Xuntos sabemos que tamén forman parte da nosa creación, das nosas orixes, e polo tanto da nosa historia.
Con tal motivo organizaron unha conferencia que impartirá Mary Angeles Cremades (directora do centro), baixo o título de «El rol del adulto en la Sala de Psicomotricidad». Seguro que nos ofrecerá interesantes aportacións.
Posteriormente terá lugar un segundo acto titulado «Y la Práctica Psicomotriz entró en mi vida». Diferentes profesionais estamos convocados para participar, aportando a experiencia que vivimos ou estamos a vivir dende o ámbito da psicomotricidade. Itos, dándolle voz ó centro Medrando Xuntos, compartirá cos asistentes vivencias que forman parten da súa práctica psicomotriz.
Será un pracer asistir, participar, encontrarnos e reencontrarnos con mestras/es, compañeiras/os e aproveitar para seguir reflexionando e enriquecéndonos a través da psicomotricidade.
Pódese ampliar a información no enlace: http://cefopp.com/jornada-aniversario-26-de-mayo-de-2018-2/