ESPAZOS DE REFLEXIÓN E INTERCAMBIO

Imaxe do Centro Medrando Xuntos SCP
A ESCOLA e a FAMILIA son os espazos por excelencia de aprendizaxe, convivencia, de incorporación de valores, de construcción da autoestima e identidade… son determinantes no desenvolvemento dos nenos/as.
Medrando Xuntos, a través do CEFORE (centro de formación e recursos do profesorado) impartirá próximamente as seguintes charlas formativas/ informativas a familias: 
  • 12/02/2019 CEIP CABANAS: «O xogo e o movemento, medios que favorecen a construcción do neno/a na infancia».
  • 19/02/2019 CRA MEIS: «Ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento do neno/a»
Cartel do Colexio Agrupado de Meis
Un pracer colaborar, pois consideramos que estos momentos de reunión, reflexións, e compartir entre a escola e familia, fortalecen os lazos e favorecen o acercamento e coñecemento mútuo, paso necesario para que podan instalarse valores como son: respeto, confianza, proximidade, colaboración, comprensión, coherencia…. 
Educar en infantil,  o rol de nai/pai, que tarefa tan delicada!!! O neno/a aínda está en procesos madurativos que requiren dunha mirada e implicación do adulto dende a proximidade, contacto, confianza, seguridade…., e na que as vivencias e experiencias  son determinantes nos procesos de maduración e nas aprendizaxes. Por elo tanto para pais/nais como para os profesionais que traballamos nesta etapa infantil, os retos son elevados – na primeira infancia forxarase a base da estrutura persoal que nos acompañará toda a vida.
    Write a comment