PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE ENFERMIDADES RARAS

Negreira acolle as primeiras Xornadas de Enfermidades raras o vindeiro xoves 25 de Abril.

A cita terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural con entrada gratuita.



Medrando Xuntos partipará coa ponencia «Aportes da Psicomotricidade Vivenciada
Relacional». Farase un percorrido no que se poñerá palabra e imaxes a experiencias  e reflexións feitas despois de anos de traballo, apoio e acompañamento a nenos/as con dificultades; facendo especial fincapé en Julia, a gran protagonista que nos levou a esta aventura na que agora participamos . 
Tamén vimos colaborando co triatlón solidario que se celebra en Negreira, que xa está na súa cuarta edición. Acto destinado a recabar fondos e sensibilizar á poboación sobre a importancia da investigación e estudio das enfermidades, para poder avanzar nos tratamentos e na mellora da calidade de vida de moitas familias.

Ambos proxectos, as Xornadas e o Triatlon, sabemos que están cargados de emoción, e reflexan as inquedanzas  e loitas das familias e a implicación e acompañamento doutros moitos. Un placer poder estar aí. Destacar tamén a colaboración e sensibilidade do Concello de Negreira.

O deporte, símbolo de esforzo, constancia, superación, sufrimento, retos, compañerismo… son valores que sin lugar a dúbidas, tamén  están detrás do día a día de moitos nenos/as e familias que teñen algunha das patoloxias que están catalogadas como enfermidades raras. Que admirable xeito de loitar!!. Ánimo a todos e participade.

    Write a comment