O vindeiro venres 3 de Maio o centro MEDRANDO XUNTOS SCP participará nas xornadas que organiza a Unidade de Antención Temperá do Concello de Mondoñedo.
Este servizo iniciou a súa andadura a mediados de Xaneiro deste ano 2019, e atende ás familias e nenos con dificultades no seu desenvolvemento de cinco Municipios: Mondoñedo, Pastoriza, Abadín, Riotorto e Trabada.
Baixo o título:
» PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA RELACIONAL UN RECURSO NA PRIMEIRA INFANCIA» compartiremos os importantes aportes da Psicomotricidade Vivenciada para o desenvolvemento dos nenos/as sobre todo ata os 6/7 anos.
O movemento, o xogo, a construción corporal, a creatividade, a adquisición da identidade, a capacidade comunicativa e expresiva, as habilidades relacionais…. son competencias das que se constrúe a súa base nestes primeiros anos, e a Psicomotricidade Vivenciada Relacional é un recurso que apoiará o neno no avance destes procesos madurativos, tanto a nenos con dificultades como a nenos cun desernrolo normalizado. Nestes cimentos apoiaranse as seguintes adquisicións, por iso se a gran importancia de velar polo desenrolo san dos nenos/as nos seus primieiros anos.
Un pracer poder aportar e compartir as nosas experiencias.