En Medrando Xuntos acompañamos e favorecemos o proceso madurativo dos nenos e nenas facilitando vivencias que lles permitan ser e construirse: adquirir a identidade corporal e persoal, expresar o mundo emocional e asegurarse, enriquecer as competencias cognitivas…avanzar.
Entidade inscrita no rexistro do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia – numero: GSM-0007
Entidade inscrita no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS) – número inscripción E-6252.
Entidade co recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela na formación de práctica profesional dos estudiantes da facultade de psicoloxía.
Ofrecemos sesións de Práctica Psicomotriz Vivenciada Relacional a través de tres abordaxes:
Educativa Preventiva
Nenos/as cun desenrolo típico.
2 a 7 anos.
Min.8 Max.14 nenos.
1 hora/sesión
Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
Dende os 2 anos
Max. 4 nenos/grupo
1 hora/sesión
Nenos/as con dificultades no desenvolvemento madurativo e patoloxías.
Ao longo do proceso vital da persoa.
Traballo individualizado.
50 min/sesión
En Medrando Xuntos contarás cun proceso de axuda personalizado e integral que se deseña tendo en conta as características, necesidades e potencialidades de cada neno e nena.
Sesións de traballo coa familia e o neno, dirixidas a identificar as fortalezas e debilidades que nos permitirán diseñar un plan de traballo personalizado (si fose preciso).
Orientadas a nenos e nenas en idade escolar, con algún tipo de dificultade de aprendizaxe ou que precisen potenciar o seu rendemento, incidindo tamén nos factores emocionais e conductuais dos mesmos.
Técnicas, estratexias, metodoloxía e actividades específicas orientadas a mellorar o rendemento e a eficacia no funcionamento das capacidades cognitivas (memoria, atención, percepción, permanencia, linguaxe, funcións executivas, etc).