FUNCIÓN DA PSICOMOTRICISTA

A actitude da psicomotricista é de respecto, confianza e acollida ás producións e emocións dos nenos/as, facilitando a expresión e a comunicación.

A maioría das súas accións van dirixidas a:

  • Favorecer a iniciativa e responsabilidade do neno/a apoiando as propostas que xurdan.
  • Favorecer a autonomía e toma de decisións dos nenos/as.
  • Aproveitar as accións que xurden para reforzar determinadas condutas.
  • Asegurar as accións dos nenos/as a través da mirada, xesto, palabra... recoñecéndoos.
  • Nomear as accións, as características desas accións, as diferentes partes do corpo..
  • Intervir ante os conflitos e invitar a posibles solucións. Potenciar a comunicación, acordos e resolución de conflitos entre os diferentes membros do grupo.
  • Marcar límites e tempos na sala.

A psicomotricista entende a sintomatoloxía, a dificultade ou desaxuste motriz como un indicador sobre o que non se traballa directamente. A súa proposta vai estar marcada polo proceso madurativo no que se atope o neno/a potenciando ó máximo a súa expresividade, aquilo que o neno ten e que lle produce pracer, sabendo que iso será o trampolín que lle permita acceder a outras capacidades máis maduras.


© 2013 medrando xuntos