DEFINICIÓN

Como aspectos claves na definición da psicomotricidade vivenciada podemos destacar:

  • Un proceso de axuda que acompaña, non dirixe: acompañar para dar seguridade, para apoiar, confiando nas potencialidades de cada quen e contemplando ó neno/a como o protagonista da súa aprendizaxe.
  • Axuda ó neno/a respectando o seu propio itinerario madurativo: dende a expresividade motriz á descentración (pasar do pracer de facer ó pracer de pensar).
  • Son atendidos aspectos que forman parten da globalidade da persoa.

Lola García Olalla (1995) apórtanos a seguinte DEFINICIÓN:

"A práctica psicomotriz debe ser entendida como un proceso de axuda que acompaña ó neno/a no propio itinerario madurativo, que vai dende a expresividade motriz e movemento ata o acceso á capacidade de descentración. Neste proceso, son atendidos aspectos primordiais que forman parte da globalidade na que se atopan inmersos os nenos/as nesta etapa, tales como a afectividade, a motricidade e o coñecemento, aspectos que irán evolucionando dende a globalidade á diferenciación, da dependencia á autonomía e da impulsividade á reflexión."

ORIXES

A educación psicomotriz une o mental e o corporal. Na psicomotricidade o neno é unha totalidade, un ser global. O neno é o intelectual, o afectivo e o corporal. As aportacións desta disciplina veñen de diferentes fontes:

  • Dende a pedagoxía: Piaget aporta o xeito que ten de coñecer o neno, e as diferentes etapas que se dan na súa aprendizaxe. O neno na primeira etapa, a sensomotora ou seriomotríz, aprende polos sentidos, polo motor. Para que o neno aprenda ten que moverse, tocar, romper... polo que o xogo é fundamental.
  • Dende a psicobioloxía: Wallom incide na gran importancia das relacións do individuo co medio. O neno antes de comunicarse coa palabra faino co xesto. Tamén aporta a importancia da función tónica e da relación desta coa vida afectiva e de relación.
  • Dende o psicoanálise: Freud explica que primeiro ten que existir un "Eu corporal" para chegar a ser un "Eu identidade" da persoa. É importante que o neno vaia superando diferentes etapas e dependendo da superación de cada unha desenvolverase ou non un ser íntegro.
  • Dende a psiquiatría e a neuropsiquiatría: Ajuriaguerra,resalta que a función tónica é a base do movemento e da relación co outro. Contempla o movemento non só como unha actividade motora senón que se relaciona coa estrutura da personalidade, dos sentidos e muscular. É dicir, que a acción está impregnada do xeito en que sentimos e de como perciben os sentidos.
  • Dende a psicocinética: Le Boulch defende un método pedagóxico que da gran importancia ás experiencias vividas (pedagoxía activa); o neno é contemplado como un axente activo na aprendizaxe.

A psicomotricidade relacional ou vivenciada, desenrolada por Bernard Aucouturier apoiase en todas estas disciplinas e crea unha metodoloxía que busca favorecer a comunicación, o coñecemento e a creación, partindo da expresividade psicomotriz e das propostas libres do neno na sala.

© 2013 medrando xuntos