DISPOSITIVO ESPACIAL E TEMPORAL DA PRÁCTICA PSICOMOTRIZ

Na práctica psicomotríz cóntase cun espazo organizado e cun material adaptado segundo o nivel madurativo do neno/a ou grupo co que se traballa. Tamén hai unha estrutura temporal.

Na abordaxe educativa e reeducativa o dispositivo comprende:

  • RITUAL DE ENTRADA: inclúe unha serie de xestos, palabras de saúdo e acollida que permiten o tránsito para xerar a confianza e seguridade necesarias na sala e marcan os límites do permitido, un acordo sobre as pautas de funcionamento e sobre os roles establecidos.
  • XOGO MOTOR E SIMBÓLICO: hai un espazo, un tempo e un material especialmente organizados para facilitar o pracer sensoriomotor e o xogo simbólico. A través de accións como empurrar, dispersar, trepar, saltar, xirar, … ou xogos de identificación, o neno vivirá experiencias pracenteiras que lle axudan á súa maduración física, psíquica e emocional.
  • HISTORIA NARRADA: mediante a narración facilitarase a aparición de imaxes mentais, mobilizando o pensamento e preparándose para distanciarse do movemento.
  • REPRESENTACIÓN: os xogos de construción, grafismo ou modelado, son formas de expresión máis maduras, simbolizadas e que permiten avanzar ó neno na súa estrutura psíquica.
  • RITUAL DE SAIDA: prepara a marcha e enmarca as características do reencontro.

Este recorrido madurativo parte da acción e camiña cara a representación: é o que Wallon expresaba como "do acto ó pensamento".

nena

© 2013 medrando xuntos