ENTREVISTA A ITOS LORENZO POLO CENTRO DE FORMACIÓN DE PRÁCTICA PSICOMOTRIZ (CEFOPP)

O Centro de Formación de Práctica Psicomotriz (CEFOPP) renovou a súa páxina web. No novo formato inclúese un apartado adicado a antiguos alumnos do centro, que despois de pasar pola formación seguen unha traxectoria profesional na que a psicomotricidade esta presente no seu día a día. 
itos03CEFOPP é o referente de Formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier en Madrid e é miembro da Asociación Europea de Escuelas de Formación en Práctica Psicomotriz (Asefop), fundada por Bernard Aucouturier en 1987 co obxetivo de estudar, desenvolver e armonizar a formación en Práctica Psicomotriz Aucouturier.

A primeira entrevista realizáronlla a Milagros Lorenzo, Itos, como coloquialmente e cariñosamente a coñecemos todos, responsable do centro Medrando Xuntos. 

Queremos destacar a importancia de compartir este tipo de experiencias por aportar novos puntos de vista profesionais de como poder abordar o traballo cos nenos e nenas e como estas tamén poden ser experiencias enriquecedoras para o resto de profesionais que deciden comezar a formarse nesta metodoloxía.

A continuación adxuntamos o enlace da entrevista e agradecemos a CEFOPP o recoñecemento e afecto que nos transmiten.

http://cefopp.com/nulla-vitae-elit-libero-a-pharetra-auge/

    Write a comment