ABORDAXES

Podemos diferenciar tres abordaxes diferentes dende a práctica psicomotriz vivenciada atendendo ás necesidades dos nenos/as:

  • Nivel PREVENTIVO E EDUCATIVO: trabállase en grupos de 10/12 nenos/as acompañándoos e favorecendo a maduración física, psíquica e emocional.
  • Nivel REEDUCATIVO: trabállase en pequenos grupos de tres a cinco nenos cando estes precisan un apoio máis personalizado.
  • Nivel TERAPEUTICO: é un traballo individual cando o nivel madurativo do neno/a precisa atención directa d@ psicomotricista.

Polo tanto, a psicomotricidade vivenciada ou relacional está dirixida a tódolos nenos/as ata a idade de seis-sete anos xa que permite observalos e comprendelos dende unha perspectiva global. Tamén se poden beneficiar dela nenos/as con diferentes dificultades no desevolvemento madurativo así como con patoloxías complexas (neste caso o traballo será máis personalizado segundo as necesidades de cada quen).

xogo

© 2013 medrando xuntos