USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA

TEMA DETERMINANTE PARA PRESERVAR A SAÚDE E AS CONDICIÓNS NECESARIAS PARA UN AXUSTADO AVANCE NO PROCESO MARDURATIVO DOS NENOS/AS

Somos moitos os profesionais que constatamos o perigo que supoñen as pantaias e os efectos debastadores que causan no avance madurativo dos nenos/as. A OMS recomenda cero uso dos dispositivos en menores dun ano e a partir de aí un tempo moi limitado e sempre supervisado e baixo a presencia dun adulto.

Na primeira infancia o cerebro dos nenos/as está nun proceso de evolución permanente, xerando conexións – aprendizaxes que serán a base doutras posteriores. Ata os 6/7 anos o neno/a constrúe os cimentos nos que se aposentarán as aprendizaxes posteriores e para toda unha vida. Para que este proceso madurativo se leva adiante garantindo o maior potencial do neno/a son esenciaias certas condicións ambientais : entre elas a non exposición a pantallas.

Para poder ter nenos/as sanos, con capacidade creativa e de desfrute das vivencias, seguros, con autoestima e capacidade empática, con habilidades comunicativas e expresivas, capacidade para aprendizaxe e razonamento lóxico…. é preciso favorecer o seu crecemento motor cognitivo e emocional que se acada a través da axustada maduración corporal, do xogo, da acción e movemento, das interaccións coas figuras significativas que os coidan …..

Dende a AGAT comezarase o novo ano cunha proposta para formarse e sensibilizarse sobre este tema, primeiro paso para loitar contra esta problemática que cada día afecta máis a infancia.

PROPOSTA FORMATIVA DO AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá)

PARA INCRIPCIÓN E MÁIS INFORMACIÓN:https://atenciontemprana.com/agat-convoca-curso-como-acompanar-as-familias-para-previr-o-exceso-de-pantallas/

    Write a comment