Este sábado 4 de Febreiro en horario de 10h a 14h realizamos unha sesión formativa no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) en Santiago de Compostela.
A proposta formativa foi «A psicomotricidade como referente de benestar nas etapas de infantil e primaria«.
Parciparon 17 mestres de Educación Física e Educación Infantil.
Xornada interesante na que afondamos nas necesidades dos neno/as así como as diversas vías que empregan para comunicarse e expresarse. Tamén reflexionamos sobre os múltiples retos que temos os adultos que apoiamos e acompañamos o seu avance madurativo.
A psicomotricidade, sin dúbidas, é unha disciplina que nos permite comprender e descifrar moitas das mensaxes que nos comunican pola via corporal. Tamén a través da psicomotricidade podemos xerar condicións para apoiar e apuntalar o seu avance.