COMENZO DOS GRUPOS DE PSICOMOTRICIDADE EDUCATIVA PREVENTIVA

Esta semana, primeira do mes do Outubro, están sendo intensa e emocionante. 
O luns, na escola do Milladoiro, primeiro día de encontro dos nenos/as coa sala. Atoparon o espazo preparado, organizado e disposto para a sesión. A través dun percorrido temporal os nenos/as pasaron do disfrute das experiencias corporais ó disfrute de pensar, para rematar coa representación. Como era previsto, a intensa emoción, compañeira clave na aventura da maduración e aprendizaxe, estivo moi presente. Para os máis retraídos ou para os que era a súa primeira sesión, non fixo falla moito tempo para que se uniran ó XOGO, facendo, probando, participando… investindo o espazo e o material a través da súa expresividade. Os outros, coma sempre, xa traían plans definidos, ideas que probar, desexos que cumprir ó longo da sesión. Todos se despediron da sala con gañas de máis, agora toca soñar e para a semana volta á acción.
En Bertamiráns o mércores máis do mesmo. 
Ós que lle costa un chisquiño máis é ós de dous anos, etapa na que a separación aínda se vive con algo de angustia. Ir acadando novos retos de autonomía non é doado. Medrar sempre  supón enfrentarse a novas cuotas de responsabilidade e distanciarse do que xa se ten, e elo pasa por asumir certa dose de malestar. 
ESPÉRANOS UN CAMIÑO A PERCORRER XUNTOS, SEREMOS TESTEMUÑAS DE IMPORTANTES FAZAÑAS, AÍ ESTAREMOS PARA RECOÑECELAS.
    Write a comment